Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMAX RIAZOR COMPLETA UN PARTIDO MOI SERIO PARA CONTINUAR LÍDER INVICTO.

Achégase o final da liga regular para o BM.Culleredo Remax Riazor e o equipo, que sigue como líder invicto no grupo C da liga Prata, continúa con paso firme cara á súa clasificación para a segunda fase. Este pasado Sábado, un novo triunfo e a derrota do CP Lucense ante o BM.Culleredo Galaico Caravaning, achega aínda máis aos mozos do Remax cara ao seu seguinte obxectivo. O partido prevíase perigoso, cun rival enfronte, o Vayro Lalín, cun potencial interesante nos perfís dos seus xóvenes xogadores. Esixía por tanto o conxunto visitante, a máxima concentración e seriedade por parte dos de Culleredo para afrontar o envite e evitar sorpresas e, nesta ocasión, os xogadores locales cumprirían sobradamente nun encontro completo de principio a fin. Dispostos a impoñer o seu ritmo desde a defensa, o Remax Riazor conseguiría manter a porta a cero durante os primeiros dez minutos (9-0), anticipo e punto de inflexión para constatar o dominio dos locais ao longo de todo o encontro. O partido estaría virtualmente finiquitado ao cabo do primeiro tempo, cando o electrónico reflectía un claro 23-6. Non habería moita máis historia na continuación e o marcador quedaría bloqueado no minuto 45, cando a diferenza entre ambos os equipos alcanzaba os trinta goles (38-8). A defensa, sería unha vez máis o baluarte onde os de Culleredo sementarían a vitoria, con tan só dous goles encaixados neste segundo tempo.

BM.Culleredo Remax Riazor: 38 (23+15). Hugo Díaz (P), Hugo García (P), Teo López, Xoán Canedo, Fabián Manzo ,Xoán Bello, Jorge Outón, Jaime Serrano, Roi Fdez, Iago Allegue.

Vayro Lalín: 8 (6+2). Gabriel Pérez, Iago Alexandre Cuíña, Roi Pol, Sergio Sánchez, Pedro Aller, Iker Fiuza, Nico Vázquez, Lucas Vilariño, Brais Llinares, David González.

Parciais cada 5´: 4-0 / 9-0 / 14-3 / 16-5 / 19-6 / 23-6 / Descanso / 30-6 / 33-7 / 38-8 (Marcador bloqueado con resultado hasta el final).

Colexiados: Nivolás Vázquez e Paula Peteiro.

Incidencias: Encontro correspondente á xornada nº 12 no grupo C da Liga Prata disputado no municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *