Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Xornada de carnaval na que toca descanso na maioría das competicións, pero na que teremos todos os nosos encontros na casa. O sábado ven cargadiño, con partidos dende as 10:00 da mañá ata as 19:30, iniciando cos alevíns e rematando cos senior.

(IF) BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL VS SAR BLUENEWABLES

Despois da derrota na anterior xornada, afrontan as nosas este partido con ganas extra e dispostas a dalo todo por seguir apretando ás 2 primeiras clasificadas. Toca concentrarse en defensa, axudándonos moito para frear o ataque das de Redondela e asegurarnos outos 2 puntos na nosa casa, este sábado as 11:30.

(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS REPRINT ARTEIXO BM

Partido moi difícil para o Climanosa este sábado ás 13:00, que recibe ao líder da competición nun encontro que chega nun moi bo momento dos cullerdenses. Nos anteriores encontros fronte ao Reprint Arteixo Bm puidemos ver a un Climanosa que crecía en xogo e reducía a distancia no marcador a cada partido que pasaba. Toca dalo todo para loitar por poder poñer en problemas aos líderes.

(IM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS CP LUCENSE

Desputará este sábado ás 16:00 o Óptica Gallaecia un duro encontro fronte aos lucenses, equipo que ven facendo unha tempada moi boa e que xa nos tiña ganado na súa casa. Desta vez chegan os cullerdenses moito máis preparados e sen dúbida deixarano todo por sacar esos valiosos 2 puntos que os acerquen aos primeiros postos da clasificación.

(CM) BM CULLEREDO GALAICO CARAVANING VS MILLAVÉN CP LUCENSE

Difícil exame do BM.Culleredo Galaico Caravaning ante o Millavén CP Lucense este próximo Sábado ás 17:15h en Tarrío. O conxunto de Culleredo, enfróntase aos segundos clasificados da táboa nun momento de xogo doce, pero os de Lugo representan un escollo de gran nivel, ante o cual, o Galaico Caravaning non poderá ter fisura algunha no seu xogo. Sen dúbida, un reto ambicioso e bonito para un conxunto cullerdense que semana a semana mellora no aspecto individual e colectivo. 

(CM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS VAYRO LALÍN

Cunha traxectoria impoluta ata o momento, contando todos os seus partidos por vitoria, o BM.Culleredo Remax Riazor recibirá este Sábado ás 10:30h no municipal de Almeiras ao Vayro Lalín. O obxectivo dos cullerdenses non pode ser outro que o de continuar liderando a clasificación en solitario e para iso deberá de facer os deberes sumando dous novos puntos ante o conxunto dezán. O equipo desexa mellorar o seu xogo e alcanzar un ritmo máis vivo e dinámico en todas as facetas.

(SM) SWEEPEND CULLEREDO VS BUEU ATLÉTICO BALONMÁN

O Sweepend Culleredo, volve este Sábado ao municipal de Tarrío e faino coa moral ao grande despois de tres vitorias consecutivas para recibir ao Bueu Atlético Balonmán. Os cullerdenses só pensan en continuar a serie positiva e sumar dous novos puntos no seu feudo, claro que terá que realizar un partido moi completo ante a enerxía e o xogo veloz e dinámico dos de Bueu. O encontro, que dará comezo ás 19:30h, atraerá, a recado, a numerosos seguidores que animarán ao equipo para tentar conseguir a súa cuarta vitoria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *