Saltar ao contido

MOITO BALONMÁN NO DERBI CULLERDENSE

O domingo as 19:00h xogábase o derbi cullerdense na categoría cadete masculina , un partido moi especial para os xogadores, para os pais, os afeccionados, para os adestradores para o clube.... moitas gañas de ver este encontro e moitas emocións que disfrutar ou xestionar.

O encontro comezaba nos primeiros 5 minutos cun Remax Riazor que queria borrar a actitude do último encontro disputado e así era , o Remax Riazor chegaba moi rápido e forte para sorprender e superar o sistema defensivo 6:0 do Galaico Caravaning. Pero isto foi momentaneo xa que o Galaico Caravaning comezou a responder , tanto a nivel defensivo optando por disuadir nas zonas laterais e estar xuntos na zona central , provocando fallos de lanzamento e recuperando o balón. Na fase ofensiva o Caravaning estivo disciplinado aplicando o seu modelo de xogo ata chegar o minutos 20 con tan só 3 goles de desvantaxe.O Remax por conseguinte apretou a nivel defensivo e conseguiu deixar o Caravaning con 1 gol en 10 minutos e asi poder afrontar a segunda metade cunha diferencia máis holgada de 7 goles .

O descanso 16-9 no marcador.

Na segunda metade o Galaico Caravaning axustou certos patróns que estaban a desequilibrar o encontro e puido comezar o encontro cun parcial de 4-2 que daba esperanzas para poder axustar máis a desvantaxe pero o Remax Riazor non ía a durmirse e aguantaba o encontro sobretodo a nivel defensivo .A 5:1 estaba a crear problemas pero ainda así o Galaico encontraba solucións e cun xogo disciplinado e táctico conseguia certas acción con moito mérito pero que non dabanse finalizado en gol .

Na fase final do partido o Remax Riazor pechou a porta e cerrou uhn discreto partido contra o seu compañeiros de clube o Galaico Caravaning.

Boas sensacións no derbi onde o balonmán o compañerismo a empatía o ambiente na grada era o máis importante de todo . Isto e balonmán en Culleredo , non se pode pedir máis para pechar unha xornada máis no clube.

Grazas xogadores e grazas afección ¡¡¡

Forza Culle.

Resultado final : Bm Culleredo Remax Riazor 34- Bm Culleredo Galaico Caravaning 18.

Bm Culleredo Remax Riazor ( 16+19): Hugo Díaz, Hugo García, Iago Bolaños,Hugo Rodriguez, Jorge Outón, Iago Allegue, Diego Piñeiro, Teo López, Fabián Manzo, Xoán Canedo, Jaime Serrano.

Bm Culleredo Galaico Caravaning(9+9):Hugo Nodar, Pablo Ares, Hugo Bregua, Mateo Negreira, Jairo Candamio, Alex Tajes, Diego Rodriguez,Hugo Bermúdez, Xoán Seoane, Victor Laya, Teo Gómez, Alexis Martinez,

Parciales cada 5`: 3-1/5-5/8-6/11-8/14-8/16-9/18-13/21-14/23-17/26-17/30-17/34-18.

Árbitras: Martina Regueiro y Paula Peteiro.

Incidencias: Xornada 11 da liga de prata cadete masculina , disputada no pavillón municipal de Almeiras-Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *