
Afrontaban as nosas rapazas do Cristalería Gestal un duro encontro fronte ás líderes da categoría na súa casa. Chegaban as nosas miniguerreiras dispostas a loitar por esos 2 puntos que nos permitisen apretala clasificación na parte alta da táboa e soñar con loitar polo 1º posto.
Comezaba o encontro coas nosas algo desordenadas, pero conseguíamos en accións individuais solucionar na faceta ofensiva, poñendo en dificultades ás rivais. A nosa defensa 3:3 xeraba moitas dudas ás locais, pero valíanse da súa superioridade física para superarnos e chegar a zonas efectivas de lanzamento. Co paso dos minutos, a defensa 5:1 prantexada polas locais comezaba a atragantárselle ás nosas, que non eran quen de atopar un camiño ao gol por momentos. A pesares das dificultades, as cullerdenses conseguirían ordenarse e recortala diferenza no marcador antes do descanso, rematando tan só a 2 goles de diferenza.
Tocaba remar moito nesta segunda parte, prantexando unha presión moi alta das nosas avanzadas para obrigar ás súas xogadoras a xogar lexos da portería, pero os despistes das nosas perdendo a espalda e a duda á hora de axudar permitíanlle ás locais levarse un parcial de 5-1 ao comezo deste 2º tempo.
Tiraban entón de orgullo as nosas miniguerreiras, que cambiaban a actitude en defensa, moito máis centradas e activas, conseguindo roubar numerosos balóns e subir ao contraataque, chegando aos derradeiros minutos soamente 1 gol por abaixo no marcador. Con todo de cara para empatar perderían as nosas o balón e non desperdiciarían as locais o erro para anotar, sucedía o mesmo no seguinte ataque e cerraban as do Galicia Social desa forma un encontro que se nos escapaba por pouco.
Toca reflexionar acerca dos momentos de desconexión vividos durante o encontro e traballar para melloralo e ser aínda máis competitivas.
Bm Culleredo Cristalería Gestal: 23 (10+13) Elena, Sara, Sofía Meijide, Cintia, Aitana, Soifía Orge, Inés, Aldara, Martina, Simona.
Aluz Energía Galicia Social: 26 (12+14) Sabela, Ángela, Daniela, Alba, Violeta, Carmela, María, Noa, Victoria, Ángela, Xulia.
Árbitro: Martina Juán Lampón, correcto durante o encontro.
Incidencias: Partido correspondente á 11ª xornada da Liga Prata infantil feminina.