Saltar ao contido

Vibrante derbi o vivido en Almeiras

Era esta unha xornada especial, xa que tocaba derbi entre Climanosa e Óptica Gallaecia. Tralo moi igualado partido de ida, tocaba afrontar un novo derbi cos dous equipos cullerdenses nun estado de forma expléndido.

Comezaba o encontro con dous plantexamentos diferentes, un Óptica Gallaecia con unha defensa 3:3 presionante que buscaba obligar ao Climanosa a xogar moi lonxe da portería e un Climanosa cunha 5:1 moi agresiva. Nos primeiros compases dominaba de forma máis clara o Climanosa, freando con relativa facilidade as acometidas do Óptica Gallaecia, que xunto aos fallos de lanzamento os condenaban a un parcial de 4-0 para o Climanosa. Buscaba reaccionar o Óptica Gallaecia, xa máis acertado na faceta ofensiva, pero o Climanosa seguía a ser moi efectivo en ataque, atopando a sáida adecuada incluso ante o cambio de sistema defensivo a 5:1 do Óptica Gallaecia. Nun último arreón do Óptica Gallaecia apretarían o marcador, chegando ao descanso cun empate.

Iniciaba a segunda parte e saía o Climanosa máis dubidativo, buscando xogar a partires da transformación da súa 1º liña, pero véndose superado pola superioridade física do Óptica Gallaecia, que conseguía roubar e sair con velocidade ao contraataque, collendo unha pequeña ventaxa no marcador.

Axustaría o Climanosa o seu traballo e atopaba de novo o camiño á portería rival, sendo tamén moito máis seguros en defensa, xerando moitas dudas nos atacantes do Óptica Gallaecia, que non eran quen de aumentala diferenza ante a boa defensa e as paradas do porteiro de Climanosa.

Vitoria de 1 finalmente para o Óptica Gallaecia nun partido moi desputado e cheo de alternancias que puido levarse calquera dos 2 equipos. Un derbi máis no que queda manifesta a igualdade entre estos 2 equipos!

Bm Culleredo Óptica Gallaecia: 24 (13+11) Hugo, Anxo, Pablo P., Aitor, Francisco, Carlos, Pablo H., Aarón, Jacobo, Mauro, Mario.

Bm Culleredo Climanosa: 23 (13+10) I Iago, Hugo, Iván, Xurxo, Hugo, Roi, Antón, Samuel, Guillermo, Jacobo, Beltrán.

Árbitro: Iago Allegue e Xoán Bello, levaron adecuadamente o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 11ª xornada da Liga de Prata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *