Saltar ao contido

Primeiros puntos que escapanse en Almeiras

Gran encontro o vivido en Almeiras ante o primeiro clasificado da liga de Ouro o Atlético Guardés.A igualdade predominou en practicamente case todo o encontro.

Comezaba como diciamos con igualdade as defensa 3:3 dos dous equipos estaban activas ainda que se reflexaban erros provoados polo bós ataques dos equipos .

Pegou a primeira o Sutenor impoñendose no marcador ata con dos goles de diferencia . As tranformacións dende os extremos e o xogo sen balón estaban a dar moito rédito ao ataque cullerdense, mentres que na fase defensiva as situacións eran moi correctas e conseguiase recuperar o balón , o máis importante nunha defensa 3:3. Só as situacións individuais estaban a crear peligro a defensa cullerdense.

Pero co paso dos minutos o equipo visitante foi medrando ata comezar a xogar máis colectivamente e poder empatar o encontro antes do descanso .

Resultado ao descanso 11-11

Na segunda metade as sitacións de xogo foron moi parecidas, o Guardés buscaba situacións de gol no centro da defensa cullerdense, e o Sutenor neste caso situacións por fora , grazas as transformacións da central o u da lateral ,que permitián boas situacións de lanzamento tanto en penetración coma nos extremos. Aínda así os fallos de lanzamento estaban a lastrar ao equipo local e o Guardés collería unha pequena ventaxa de 1-2 goles que nos últimos 5 minutos o agrandaría a 3 goles que xa eran moi dificiles de remontar , o equipo subiu a liña defensiva a desesperada pero xa non daba tempo a máis,, o Guardés levabase por primeira vez este ano os puntos de Culleredo .

Todo hai que dicilo magnifico encontro do Sutenor que pese a non entrenar con moita concentración esta semana , souberon competir de tu a tu a un equipo que leva todo o ano sen derrotas , asi que o mérito e maior ainda.

Esta semana toca seguir trabllando sobretodo unha semana onde non hai competición oficial.

Forza Culle.

RESULTADO FINAL: BM CULLEREDO SUTENOR 25- ATLÉTICO GUARDÉS 28

BM CULLEREDO SUTENOR: Sara Fernández, Noa Otón, Eva Outón, Alba Fernández, Thais Villaverde, Helena Portas, María Otero, Celia González, Lola Romero , Claudia Soto, Sara Villar, Rosalía Veiga.

ÁRBITROS: André Pena , Nicolas Vázquez.

INCIDENCIAS: Xornada 11 da liga infantil femenina de liga Ouro disputado no pabillónj municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *