Saltar ao contido

VICTORIA DE MOITO TRABALLO DESPOIS DA GRAN SEGUNDA METADE DO FISIOTERAPIA BENESTAR

As nosas guerreiras sacan dous puntos ante os Balonmán Guardés, no Municipal de Almeiras, tras darlle a volta ao marcador na parte final da segunda metade.

O lema desta segunda volta da competición converteuse en clave: “Non sabemos ata onde chegaremos esta tempada, pero si sabemos cómo queremos chegar”.

O equipo do Balonmán Culleredo Fisioterapia Benestar venceu por 27-24 ao Mecalia Atlético Guardés, no partido da undécima xornada da Liga Ouro, disputado este domingo en Culleredo.

Un choque, que estivo marcado pola emoción e que se desenvolveu alternativamente, ata que un parcial de 3-0 na segunda metade, fixo inclinar a balanza a favor das cullerdenses.

O encontro comezou a un ritmo máis lento que en anteriores encontros da tempada, en boa medida polo bo rendemento das defensas e polos nervios que agarraron a ambos equipos pola importancia dos dous puntos en xogo.

Tras o intercambio inicial, o Guardés logrou aproveitar as primeiras perdas de balón para poñerse por diante (4-3, minuto 6).

O conxunto de Lucía Vilariño, respondeu aumentando a súa intensidade defensiva para forzar erros no ataque guardés, pero sucedeu todo o contrario. O 5:1 amosou as súas fendas que o rival viu con claridade, bombardeando tiros desde tódalas posicións e distancias.

Aínda así, o Culleredo tratou de frear a distancia no marcador que levaba o equipo visitante e que finalmente só puido frear o pitido final da primeira metade, onde o Guardés acudiu tranquilo aos vestiarios cunha vantaxe de 4 goles (12-16).

Tras o paso polo vestiario, o Culleredo non saíu moito mellor, polo que a adestradora do Fisioterapia Benestar, non tivo máis remedio que pedir tempo morto no minuto 36:30. E as cousas comezaron a cambiar. Dende a defensa (cambiouse a un 6:0) ata a loita e a actitude das xogadoras no campo.

Foi pasado o minuto 12, onde as locais non colapsaron e sacaron o mellor do seu xogo para remontar o partido, empatando e mesmo adiantándose 2 goles (25-23, minuto 25).

A defensa comezou a tomar protagonismo xunto á porteira Aroa García no tramo final da segunda metade para conter os ataques rivais, sendo só o 7m o lugar clave para que o Guardés anotara pouco a pouco.

Culleredo comezou a aplicar o seu modelo de xogo ante a defensa rival e foi recibindo resultados en cada ataque.

O Guardés falto de ideas e disparos frustrados diante da portería (ben por erros de execución ou por atoparse coa porteira local) comezaron a darse conta de que podían perder o partido.

O equipo visitante comezou a temporizar o ritmo do partido mentres Culleredo tentaba acelerar para buscar unha remontada que cada vez se lles facía máis cara.

Pero, o Guardés no baixou os brazos en ningún momento e presionaron para buscar aquelas perdas e erros que castigaron ao Culle na primeira metade.

Os derradeiros compases do encontro foron unha festa que desataba a ledicia entre a afección do Pavillón de Almeiras, acompañando ao equipo do Fisioterapia Benestar nunha gran mañá para o balonmán.

Con este resultado, o equipo do Balonmán Culleredo Fisioterapia Benestar suma oito puntos e sitúase na sexta posición da clasificación tras disputar once partidos na Liga Ouro da Categoría Cadete Feminina.

O equipo de Lucía Vilariño recibirá en dúas fins de semana a SAR de Redondela na duodécima xornada de Liga.

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 27 (12+15): Carla Muiño Cancela, Lucia Inés Cortegoso Rey, Aroa García Pena, Aldara Piñeiro Calvete, Paula Peteiro Vázquez, Lúa Fernández Núñez, Luana Gómez Fuentes, Antia Ferreño Fernández, Valentina Martínez Fiuza, Carmela Erias Vázquez, Irene Rodríguez Fernández, Nadia Martínez García, Noelia López Andreica, Sara Fraga Fraga, Adriana Vázquez Rivas

MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS 24 (16-8): Leire Martínez Lomba, Zaira Crespo Valduciel, María González Español, Vera Pazos Lima, Aroa Fernández Álvarez, Ainara Lomba Miguez, Adriana Álvarez Rocha, Daniela Álvarez Lomba, Julia Lomba Vicente, Yasmine López Arzua, Uxia Tajadura Vidal, Marta Rodríguez Rodríguez

Parciais cada 5 min: 3-4/4-6/7-8/10-9/11-13/12-16 descanso 14-18/16-20/19-21/22-22/25-23/27-24 final

Colexiados: André Pena Muiños e Nicolás Vázquez Santos excluiron dous minutos a Carla Muiño, Lucia Cortegoso, Lúa Fernández polo equipo local

Incidencias: Partido pertencente a 11ª xornada da Liga de Ouro no Pavillón Municipal de Almeiras, cunha gran entrada de afeccionad@s por parte dos dous equipos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *