Saltar ao contido

SUFRIDA VICTORIA DO SWEEPEND

O Sweepend logrou unha victoria moi importante ante un rival que estaba en dinámica ascendente e nunha pista moi compricada.

Comezaba o encontro cun parcial de 3-0 para o equipo local pero que de modo instantaneo o Sweedpend devolvía ese parcial e o aumentaba a un 3-7 para comezar a mandar no electrónico .

O encontro estaba igualdado ainda que o equipo cullerdense dominaba no marcador, as situacións de atacar ao centro da defensa cullerdense estaba a aproveitar moi ben o Carballal que non renunciaba a nada , os lanzamentos dende zona exterior estaban a lastrar ao Sweepend. Na fase ofensiva o equipo de Culleredo conseguía boas situacións primeiro con David no lateral e logo cun xogo colectivo e circulación de balón que permitían boas situación de lanzamento . Aínda así o Sweepend non eran quen de romper o marcador e chegabase a finalización da primeira metade cunha falta directa a tempo parado que o Carballal o aproveitaba para reducir as diferencias no marcador.

Resultado ao descanso 16-18 .

Na segunda metade o partido tivo a mesma tónica , o Sweepend mandando no marcador pero sen desprenderse de máis de 3 ou 4 goles de diferencia e un Carballal insistente todo o encontro para poder encontrar a igualdade e asi meter máis presión ao equipo cullerdense.

O Sweepend na fase ofensiva estivo irregular, as accións. paradas non daban a súa efecitividade pero cando o balón moviase con velocidade a defensa do equipo local desequilibrabase e a primeira linea o aproveitaba . Os fallos de lanzamento tamén estiveron presentes e isto fixo acercarse moito o Carballal pero o equipo cullerdense sacou de carácter e ambición na fase defensiva e puido levarse a victoria comodamente nos últimos intres do encontro .

Queda moito que traballar e mellorar , toca reflexionar e seguir entrenando para chegar a metas maiores.

Forza Culle.

RESULTADO FINAL : A.D CARBALLAL 30- BM CULLEREDO SWEEDPEND 33

A.D CARBALLAL: Victor Rodriguez, Iago Barcia, Nicolas Vila, David Fernández, David Gonzalez, Isidoro David, Alex Figueroa, Javier Zambrana Elias Selva.

BM CULLEREDO SWEEEND: Marco González, Hugo Díaz, Alejo Martinez, Samuel Seijas, Marcos Regueiro, David Martinez, Daniel Gonzalez, Felix Noya, Adrián Veira, Nicolas Casal, Josemi Martinez, Iván Sánchez, Antón Pérez.

PARCIALES CADA 5`:3-3/3-6/6-9/10-13/13-16/descanso 16-18/18-20/21-23/23-26/26-28/27-30/30-33.

ÁRBITRAS: Ania Lampón, Paula Fontán.

INCIDENCIAS: Xornada 10 da liga de Ouro xuvenil masculina , disputado no pabillón municipal de Loureiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *