Saltar ao contido

O SWEEPEND CULLEREDO CONTINUA EN LIÑA ASCENDENTE E LOGRA O TERCEIRO TRIUNFO CONSECUTIVO

O Sweepend Culleredo segue en racha positiva e esta pasada fin de semana conseguíu a súa terceira vitoria consecutiva, esta vez a domicilio e fronte ao BM.Ribeiro. Os dous puntos conseguidos, son ouro para os cullerdenses, xa que, ademais de gañar o golaverage co seu rival, mete de cheo ao equipo na pelexa pola salvación e en clara ascendencia. O Sweepend Culleredo dominaría o partido e o electrónico desde o inicio e só os erros individuais fixeron sufrir ata o último momento á parroquia visitante. Un deses instantes críticos, foron os últimos minutos do primeiro tempo, nos cales, dúas exclusións deixaban tan só catro xogadores en campo, feito que aproveitarían os locais para irse ao descanso cunha igualada que deixaba todo aberto na continuación (14-14).
No segundo acto, os de Culleredo volverían coller o mando do envite e aínda que a incerteza e a tensión permanecía no ambiente debido aos numerosos erros ante o porteiro do Ribeiro, finalmente, os dous puntos viaxarían cara a Culleredo grazas ao espírito competitivo mostrado por todo o equipo e a un excelente traballo defensivo. Con tempo a cero ademais, Mario conseguiría uns sete metros importante que dá o golaverage favorable ao Sweepend.

BM. Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal: 24 (14+10). Ángel Táboas, Pablo Gayoso (1), Daniel López (3), Celso Sotelo (1), Ángel Riveiro (2), Xacob Novoa (3), José Etévez, Mateo González, David Costa (1), Nicolás Alberte (4), Lois Rodríguez, Jacobo Rodríguez (1), Xoel Martínez (8), Jacobo Soto, Rubén González, Manuel Cerviño.

Sweepend Culleredo : 26 (14+12). Jorge López (P), Oscar Bello (P), Samuel Seijas (2), Iván Sánchez, Alberto Catoira, Aresio Rosende, Marcos Vázquez (1), Mario Crecente (5), Pedro Pereira (1), Daniel Salvador (7), Adrián Díaz (1), Carlos Martín, Iago Ferreiro (7), Nuno Loxo (2), Senén Garea, Darío Pérez.

Parciais cada 5´: 3-4 / 6-6 / 7-10 / 8-12 / 11-13 / 14-14 / Descanso / 14-16 / 15-18 / 17-20 / 21-22 / 21-24 / 24-26 / Final.

Colexiados: Fermín Rodríguez e Pablo Sola.

Incidencias: Partido correspondente a 19ª xornada no grupo A da 1ª nacional en categoría senior masculina. Encontro disputado nun municipal da Cañiza con moitos seguidores do BM.Culleredo que non quixeron perderse este encontro e se desprazaron ata a localidade pontevedresa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *