Saltar ao contido

O NIVEL DEFENSIVO DEIXA 2 PUNTOS EN ALMEIRAS

O Nosolomadera consegue unha victoria moi importante fronte o Bm Lalín que viña como segundo clasificado na liga de Ouro infantil masculina.

O equipo cullerdense saia cun sistema defensivo novo para eles pero traballado durante un breve tempo, un sistema 5:1 agresivo para anticiparse ao ataque lalinense.

Un encontro no que a igualdade foi a tónica da primeira metade agás o último tramo onde o Noslomadera pegou un impulso e puido obter unha boa ventaxa no electrónico.

A defensa 5:1 estaba a dar o seu resultado , incidindo na anticipación o. Nosolomadera estaba a provocar lanzamentos en situacion pouco eficaces e interceptacións de balón que daban pé a contrataque en primeira oleada ou en segunda oleada.

As diferencias eran minimas entre os dous equipos e depois de que o Nosolomadera puxerase 1 gol enriba as cousas cambiaron e nos ultimos 5 minutos da primeira parte un 5-2 de parcial a favor do equipo cullerdense faciano chegar o descanso cunha amplia ventaxa que daba por momentos moita tranquilidade.

19-15 no electrónico no descanso.

Na segunda metade o Nosolomadera continuou cun bó ritmo defensivo , isto daballe para aguantar as diferencias no marcador incluso aumentar a renda a 5 goles , xa parecía por momentos que a dinámica ia a aguantar deste xeito pero o Lalín comezou a apretar moito máis nos últimos 10 minutos e a diferencia comezou a reducirse . Pero o Nosolomadera non se amilanaba e ata cun xogador menos era a capaz de marcar gol e seguir moi vivo no encontro . Os minutos finais foron moi tensos pero a dinámica defensiva parou o ataque lalinense e os dous puntos quedaron na casa .

Feliciades polo esforzo a intensidade ao Nosolomadera que volve a puntuar unha vez máis ante un rival que está nos postos altos da clasificación.

Forza Culle.

RESULTADO FINAL: BM CULLEREDO NOSOLOMADERA 31- LIBRERIA DALVI LALIN 30

BM CULLEREDO NOSOLOMADERA: Mateo Basanta, Sebastián Ponte, Martin Casal, Teo Gómez, Carlos Negreira, Jacobo Soto , Alex Soto, Javier Orge, Alexis Martinez, Mauro Fernández, Antón Méndez.

LIBRERIA DALVI LALIN:Joel Noche, Izan Sánchez, Izan Otero, Eloy Gónzalez, Pablo Bahamonde, Xabier Salgueiro, Enzo Novoa,Quique Portas, Arturo Couso.

PARCIALES CADA 5`: 5-4/7-8/10-11/14-13-descanso (19-15)-/20-17/23-20/27-22/28-25/31-30

ÁRBITROS: Iago Allegue y Xoán Bello

Incidencias: Xornada 11 da liga de Ouro infantil masculino , disputado no pabillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *