
Nova xornada de competición, con 2 derbis entre equipos cullerdenses e un gran número de desprazamentos para os nosos equipos. Viaxarán os/as máis pequenos/as a Viveiro para disfrutar dunha nova xornada de balonmán e tanto alevíns como benxamíns viaxarán a Ames e Abegondo.
(IF) ALUZ ENERGÍA GALICIA SOCIAL VS BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL
Novo enfrontamento fronte ás líderes da categoría de prata, un partido que será moi complicado e no que as nosas deben amosar a melloría acadada no plano defensivo dende o anterior envite. Chegan as nosas a este encontro plenas de confianza e nun moi bo momento de forma, buscando asaltalo liderato da clasificación, estas guerreiras van a por todas!
(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS
As nosas infantís enfróntanse ao líder da categoría, que só cedeu 1 punto en todo o campionato, un equipo sólido e veloz que está a demostrar porque é o líder en solitario. Mentras o Sutenor pouco a pouco segue afianzándose nos postos altos, grazas á capacidade de sufrimento e a intensidade proposta nos encontros.
Recordemos que en Almeiras ainda non se escapou ningún punto e isto pode ser unas das craves do encontro.
(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA
Este sábado xógase o derbi cullerdense de infantil masculino, un derbi moi apaixoante onde os nenos demostrarán todo o aprendizaxe que están a levar este ano. Un partido moi especial para os nenos, as familias e para todo o clube. Xogar e disfrutar será a crave do encontro.
(IM) BM CULLEREDO NOSOLOMADERA VS LIBRERÍA DALVI LALÍN
Os nosos infantís veñen de non conseguir os dous puntos na xornada anterior e esta visita Almeiras o Bm Lalín, segundo clasificado da Liga Ouro. É de suma importancia puntuar e seguir facendo un fortín da pista de Almeiras. A solidaridade e o compromiso son innegociables para poder desputalo encontro ata o último segundo, onde os nosos deberán demostrar ata onde queren chegar.
(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS
Coa segunda volta iniciada a pasada fin de semana na casa de Carballal, as cullerdenses, regresan a casa para recuperarse das últimas derrotas en Vigo.
Diante estará o Guardés, un equipo que seguiu un camiño diferente ao do Fisioterapia Benestar, que no seu primeiro cara a cara, o Guardés, logrou levarse a victoria tras gañar por 1 nos últimos instantes do partido.
A cita terá lugar o Domingo día 4 ás 11:00 horas en Almeiras
(CM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS BM CULLEREDO GALAICO CARAVANING
Nova festa do balonmán na categoría cadete masculina do club a que se vai a vivir ou vindeiro domingo ás 19:00h en Almeiras. Os dous equipos do BM.Culleredo, inmersos non grupo C dá competición de prata, enfrontaranse na que será a 11.ª xornada dá competición. Un enfrontamento que sempre resulta unha gran festa entre compañeiros e amigos co balonmán como pano de fondo. Ambos os conxuntos chegan nun bo momento, apostados na parte alta dá táboa clasificatoria e mellorando cada semana Na procura dos seus seus obxectivos.
(XM) CLUBE BALONMÁN TUI VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES
Exame esixente o que terá o vindeiro domingo no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui, o BM.Culleredo Despreocúpate.es no seu enfrontamento ante o equipo local. Os tudenses ocupan a segunda praza da clasificación, con só unha derrota nesta liga prata, por iso, o BM.Culleredo Despreocúpate.es, deberá de realizar un dos partidos máis completos do ano se queren sacar un resultado positivo deste enfrontamento. O encontro é un dos alicientes máis grandes para o conxunto cullerdense, que desexa avaliarse ante os mellores equipos da categoría e demostrar, desta forma, o crecemento positivo que está a experimentar no seu xogo. O envite dará comezo ás 18:00h.
(XM) A.D. CARBALLAL VS BM CULLEREDO SWEEPEND
Difícil enfrontamento o deste próximo Sábado en Carballal para o BM.Culleredo Sweepend. Os olívicos sitúanse xusto por detrás do conxunto de Culleredo na clasificación e unha vitoria achegaríaos a tan só dous puntos de distancia. O BM.Culleredo Sweepend, sempre sufríu para conseguir algo positivo alí, así que se espera un encontro igualado onde os de Culleredo deberán de estar lúcidos no xogo posicional e na finalización. A retagarda verase obrigada a funcionar o seu mellor nivel, tal e como nos ten afeitos. O partido dará comezo ás 16:00h no municipal de Carballal.
(SM) BM RIBEIRO RODOSA OURENSE PROVINCIA TERMAL VS SWEEPEND CULLEREDO
Despois das dúas primeiras vitorias consecutivas da tempada, o Sweepend Culleredo afronta o desprazamento deste próximo Sábado coa moral ao grande e a ilusión de continuar nesta senda da vitoria no seu enfrontamento ante o BM.Ribeiro. O encontro disputarase no pavillón da Cañiza ás 18:30h e os cullerdenses deberán de realizar un partido semellante ao que protagonizaron ante o Galdar: poucas perdas de balón, alta eficacia no ataque e mellorar a faceta defensiva para rebaixar os goles encaixados. O encontro entraña unha enorme dificultade, pero o conxunto de Culleredo quere gañarse o dereito para seguir soñando.
