Saltar ao contido

Boa cara do Óptica Gallaecia fronte ao líder

Tocáballe ao Bm Culleredo Óptica Gallaecia enfrontarse ao líder da clasificación, os veciños do Reprint Arteixo Bm.

Chegaban os nosos moi motivados ao encontro, con ganas de amosar o que están a crecer e poñer en dificultades ao líder. Nos primeiros intres do encontro conseguían os nosos facer dano aos rivais transformando ao noso extremo dereito para ou ben penetrar por ese espazo ou sacar proveito das relacións 2x2 cos 2 pivotes. Á vez, estaban os nosos moi serios a nivel defensivo, donde estaban conseguindo frear as acometidas dos moi fortes laterais visitantes, que se vían en dificultades. Co paso dos minutos estarían os nosos máis cansados e os visitantes axustaban a súa defensa, cambiando o partido e rompéndoo para irse 10-25 ao descanso.

Comezaba a segunda parte e os nosos saían con folgos renovados para seguir dándolle guerra aos visitantes, que sufrían agora á hora de defendelas transformacións da nosa primeira liña e o bo xogo 2x2 dos nosos ante a presión dos de Arteixo.

Co bo arranque dos nosos, estaban os rivais algo máis dubidativos do normal, aproveitando os rapaces do Óptica Gallaecia para presionar máis e roubar balóns que nos permitían subir ao contraataque. Sen embargo esta presión e a présa facíannos perdela espalda ante os bos desmarques arteixáns e perdelo balón sen sentido nos derradeiros minutos do encontro, impedíndonos reducila distancia no marcador.

Bo partido dos cullerdenses que por momentos foron quen de plantarlles cara aos líderes e melloran con creces o resultado obtido no partido de ida.

Bm Culleredo Óptica Gallaecia: 20 (10+10) Anxo, Pablo P., Carlos, Hugo, Pablo H., Aarón, Fran, Jacobo, Mauro.

Reprint Arteixo Bm: 40 (25+15) Iván, Mateo, Odys, Yeray, Iker, Ángel, Yago, Hugo, Leo, Sergio.

Árbitro: Martina Regueiro e Noelia Mata, levaron adecuadamente o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 10ª xornada da Liga de Prata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *