
Tocaba un duro partido na casa do Xiria para os nosos rapaces do Bm Culleredo Nosolomadera. Sabedores da dificultade do encontro, saltaban os nosos moi concentrados ao campo, co plan de partido moi claro e cunha intensidade moi alta.
Estaban os nosos nestos primeiros compases moi cómodos a nivel defensivo, obrigando aos locais xogar de forma incómoda, con moitas axudas e contudentes. Tentaban os carballeses facernos dano pero estaban moi incómodos e nos momentos crave apareceu a nosa portería para salvar 2 ocasións claras. Contrastaba isto co ataque, donde estábamos lentos e dando pouca continuidade á bola, facilitando a labor local, pero co paso dos minutos iríamos correxindo erros e entrando en partido, xerando moitas situacións claras que eran freadas de forma antirreglamentaria, acadando ata 4 exlcusións a favor no 1º tempo. A precipitación por vernos en superioridade xeraba perdas que nos impedían aproveitar esa situación e sacar unha maior ventaxa ao descanso (10-15).
Comezaba a segunda parte e os nosos sufrían pola relaxación coa que saltaban ao terreo de xogo, encaixando un parcial favorable aos carballeses e apretando de novo o encontro. Cun Xiria que se crecerá comezaban os nosos a dubidar e aparecían os desaxustes defensivos, que lle daban ao Xiria situacións de gol sinxelas, pero eran os nosos quen de contrarrestalo cunha moi boa labor defensiva. Mantiñan os nosos unha ventaxa de 4 goles, pero nos derradeiros 8 minutos comezábamos a chegar tarde, provocando 7m e permitindo ao Xiria chegar a falta de 3 min a tan só 2 goles no marcador. Co tempo morto solicitado, tocaba poñer calma, non arriscalo balón e cerralo encontro, xa que o tempo corría a favor dos cullerdenses.
Serían estos derradeiros 3 minutos os que condenarían ao Nosolomadera, na primeira acción tralo tempo morto arriscamos botando diante do defensor ante a súa presión e ademáis de perdelo balón rematamos con un xogador exlcluido. Na seguinte acción verían os nosos unha segunda exclusión tendo que rematalo encontro con 2 xogadores menos en pista. Aproveitaban os locais esta situación para presionar, roubarnos balón e poñelo definitivo 31-30.
Perdeu o Nosolomadera un encontro froito da desconexións nalgúns momentos, toca aprender destos erros e volver máis fortes esta fin de semana!
Garaysa Xiria “A”: 31 (10+21) Desale, Iván, Andrés, Rodrigo, Lucas, Gonzalo, Sergio, Daniel, Iker, Quintín, Hugo, Brais.
Bm Culleredo Nosolomadera: 30 (24+15) Mateo, Javier, Sebastián, Alexis, Martín, Alejandro, Teo, Antón, Mauro, Isaac, Jacobo.
Árbitro: Iván Hernández e Renzo Díaz.
Incidencias: Partido correspondente á 10ª xornada da Liga Ouro infantil masculina.
