Saltar ao contido

Cómoda vitoria para o Cristalería Gestal

Comezaba a volta da Liga Prata infantil femenina e tocaba enfrontarse de novo ao Reconquista de Vigo.

Prevíase un partido asequible para as nosas, pero a intensidade era innegociable, comezando as nosas o encontro moi motivadas e comunicativas a nivel defensivo, non concedendo ao equipo rival nin unha oportunidade. A boa presión da nosa defensa 3:3 e as axudas interiores contundentes mantiñan a nosa portería segura e xerando moitas dudas nas viguesas.

En ataque sacábamos moito proveito do pase y va coa pivote e a transformación dunha das extremos, xerando un espazo moi claro para que penetrase a nosa lateral trala fixación da central. Con todas as xogadoras do equipo desputando minutos e sendo importantes en ataque e defensa chegábamos ao descanso 24-4.

A segunda parte apenas cambiaría, con algo máis de perigo das rivais co 1x1 da central viguesa, pero as axudas seguían a aparecer e conseguíamos frealas acometidas rivais. O cansancio das visitantes era xa notable e sumado á nosa presión daba como resultado numerosos roubos de balón que nos permitían subir ao contraataque e conseguir goles sinxelos.

Partido completo de todas as nosas xogadoras do Cristalería Gestal, que se enfrontará esta fin de semana ás líderes, buscando dar un golpe na mesa e apretar ainda máis a competición.

Bm Culleredo Cristalería Gestal: 38 (24+14) Sara, Sofía, Tania, Lola, Cintia, Aitana, Inés, Martina, Yasmín, Celia, Simona, Uxía, Antía.

Iberconsa Bm Reconquista de Vigo: 8 (4+4) Blanca, Belén, Aldara, Aysha, Xiana, Daniela, Carmen, Lucía, Ciara, Noa, Alejandra, Antía, Sofía.

Árbitro: Martina Regueiro e María Rosalía, correctas durante o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 10ª xornada da Liga Prata infantil feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *