Saltar ao contido

O FISIOTERAPIA BENESTAR NON LOGRA DALA SORPRESA

O equipo do Bm Culleredo Fisioterapia Benestar tivo un inicio de partido explosivo ante un Carballal suave en defensa e ofuscado en ataque. Tiña o balón. Recuperouno moi rápido e comezaron a chegar as ocasións de gol. Pero o partido complicouse as cullerdenses, xa que as perdas de balón apareceron no ataque , e as locais adiantáronse no marcador. O Fisioterapia Benestar pasou malos momentos tras a vantaxe que ía collendo o Carballal e non se recuperou ata o final da primeira metade onde o rival gozou dunha vantaxe de 8 goles (16-8).

Xa na segunda metade foi o Carballal quen cometeu erros en defensa e que foron aproveitados polo equipo visitante. Aínda que o Culleredo xa tiña poucas posibilidades de levar algún punto para casa, fixo un parcial de 3-0 nos primeiros 5 minutos de xogo.

O último tramo do partido foi para o Carballal, que marcaba unha e outra vez ante un rival que suaba sangue para superar unha defensa inspirada.

O Culleredo centrou as súas opcións de remontada, pero atopouse cun rival que se disparou no marcador.

O Carballal, consciente da súa enorme vantaxe e superioridade, non se relaxou porque a segunda parte o parcial non estiva a favor, empurrando nos últimos minutos para levarse a segunda parte por unha diferenza de só dous goles e un resultado xeral de 31-21.

FERRETERIA MOLARES CARBALLAL BALONMAN “A” 31 (16+15): Olalla López Hermida, Emma Puente Mouttet, Laura Cristobo López, Lía Salvado Areal, Sabela Lorenzo Lorenzo, Carme Martínez Iglesias, Yanet Rodríguez Pereira, Iria López López, Aldara Porrua Seijas, Iria Alonso Rivas, Alba Costas Lago, Daniela Molares García, Patricia Teijeiro Saborido, Gabriela Zaideth Martins Pimentel

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 21 (8+13): Carla Muiño Cancela, Lucia Inés Cortegoso Rey, Aroa García Pena, Paula Peteiro Vázquez, Lúa Fernández Núñez, Luana Gómez Fuentes, Carmela Erias Vázquez, Irene Rodríguez Fernández, Sara Fraga Fraga, Uxia Otón González, Noelia López Andreica. Adriana Vázquez Rivas, Aldara Piñeiro Calvete

Descanso 3-3/5-5/9-5/11-6/13-7/16-8 Final 19-9/21-11/23-13/27-15/27-18/31-21

Colexiados:. Soraya Abelenda Martínez y Catarina Adao Otero Excluiron 2 Min a Carme Martínez (Carballal) y Lúa Fernández (Culleredo) y 4min Alba Costas (Carballal)

Incidencias: 10ª xornada da Liga de Ouro celebrada no Pavillón Municipal de Carballal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *