Saltar ao contido

PARTIDO MOI COMPLETO DO BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES PARA IMPOÑERSE NO DERBI

Partido moi serio e completo o que ofreceu onte o BM.Culleredo Despreocúpate.es no derbi que lles enfrontaba aos veciños do Abegondo - Atlántico Súmate. O conxunto de Culleredo, saíu moi concentrado ao campo, mostrando unha alta intensidade a nivel defensivo que pronto daría os seus froitos cun parcial de 5-0 inicial, obrigando ao técnico visitante a solicitar o seu primeiro tempo morto. A retagarda do equipo cullerdense, en colaboración coa boa actuación de Rubén Gantes, que nese momento ocupaba a portería, volveríase unha verdadeira dor de cabeza para o ataque dos visitantes e, por contra, facilitaba as recuperacións e o éxito nas transicións defensa-ataque. O BM.Culleredo Despreocúpate.es, tan só vería perforada a súa portería cinco veces nestes primeiros trinta minutos, un feito que falaba moi ben do traballo desempeñado polos cullerdenses.
Na continuación, o Conxunto de Culleredo continuaría nesa liña regular que tanto lle deu no primeiro acto, apostando novamente por esa solidez defensiva para levarse a vitoria de forma plácida ante un gran rival e co bo facer de todo seu plantel.

BM.Culleredo Despreocúpate.es: 31 - BM. Abegondo -Atlántico Súmate: 15

BM.Culleredo Despreocúpate.es: Rubén Gantes (P), Adrián López (P), Bruno Pardo, Iago Vázquez, Jairo Míguez, Lucas López, Matías Teixeiro, Álvaro Siso, Juanfran Pazos, Anxo Negreira, Mateo Pérez, Antón Pérez, Nicolás Arias, Diego Del Río, Mario Sánchez, Nico Díaz.

Colexiados: André Pena e Alberto Paula Peteiro.

Incidencias: Encontro correspondente á xornada nº 12 da liga Prata (grupo B), disputado no pavillón de Tarrío ante un centenar de seguidores de ambos os conxuntos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *