Saltar ao contido

O SWEEPEND CULLEREDO LOGRA A SÚA PRIMEIRA VITORIA GRAZAS Á PERSISTENCIA

Enorme exercicio de resiliencia o que leva sobre as súas costas o Sweepend Culleredo nesta tempada e que este pasado Venres por fin deu os seus froitos no partido aprazado que lle enfrontaba ao BM.Tejina en forma de vitoria, a primeira da competición ligueira e que se fixo esperar durante toda a primeira volta e tres partidos da segunda. Os cullerdenses, que tiñan marcado en rojillo este enfrontamento, saíron ao 40 x 20 do municipal de Tarrío coa intención de tomar o mando do encontro e vaia se o fixeron. Cun parcial de 5-0 inicial, o equipo de Culleredo obrigaba ao técnico visitante a solicitar o seu primeiro tempo morto e recompoñer a un equipo que se vía impotente ante a intensidade da defensa local. Unha leve reacción achegaba aos insulars a tres goles (7-4), pero o Sweepend Culleredo non estaba disposto a deixar escapar o que entendía que era a súa gran oportunidade e chegaba ao descanso cunha diferenza cómoda e esperanzadora (17-11).
No segundo acto, as diferenzas vagarían entre os tres goles e os seis de máxima e só un desconcerto final que termina coa exclusión por dous minutos do porteiro Jorge, pon en aprietos ao conxunto de Culleredo e fai posible que os tinerfeños se acheguen de novo aos tres goles. En todo caso, xa non había tempo para máis e o Sweepend Culleredo conseguía o premio gordo á súa persistencia nun exercicio de superación de todos os infortunios que está a ter esta tempada en forma de lesións. Unha vitoria que, a recado, provocará un efecto positivo a nivel mental para continuar loitando por salvar a categoría.

Sweepend Culleredo : 25 (17+8). Jorge López (P), Oscar Bello (P), Samuel Seijas (5), Iván Sánchez, Alberto Catoira, Carlos Costa (2), Marcos Vázquez (2), Mario Crecente (4), Pedro Pereira (1), Daniel Salvador (2), Adrián Díaz (2), Carlos Martín, Iago Ferreiro (5), Nuno Loxo, Senén Garea (1), Darío Pérez (1).

BM.Tejina: 22 (11+11). Camilo Ceballos, Amit Vashedev, Brahim Mohamed (2), Yusef Mohamed (3), José Antonio Rubio (7), Lionel Chinea, Pedro Cerqueira, Mario Spugnini (1), Jonás Jesús Pérez (3), Lois Pérez (1), Pablo Pérez, Albero Saiz (5).

Parciais cada 5´: 5-0 / 7-4 / 10-5 / 13-8 / 14-11 / 17-11 / Descanso / 19-15 / 19-16 / 22-16 / 23-17 / 24-20 / 25-22 / Final.

Colexiados: Gonzalo Santamaría e José Carlos Soto.

Incidencias: Partido correspondente a 8ª xornada no grupo A da 1ª nacional en categoría senior masculina. Encontro aprazado no seu día por mor do mal tempo que non permitíu viaxar ao conxunto tinerfeño. Partido disputado nun municipal de Tarrío abarrotado por seguidores do BM.Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *