Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Xornada ateigada de partidos na casa xa dende o venres. Tócalle ao Sweepend Culleredo afrontar unha dobre xornada de 1º Nacional, xornada de minibalonmán en Tarrío e moitos dos demáis equipos de base con partidos en Tarrío e Almeiras desputando encontros ao longo da fin de semana.

(IF) BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL VS IBERCONSA BM RECONQUISTA DE VIGO

O Cristalería Gestal comeza esta xornada a volta da Liga Prata contra un rival que ven mellorando o seu xogo dende que se enfrontaran. Terán as nosas que amosar un excelente nivel defensivo se queren quedarse cos 2 puntos e continuar loitando polos postos altos da táboa clasificatoria.

(IF) CORETI LALÍN VS BM CULLEREDO SUTENOR

As nosas infantís volven a viaxar fóra de Culleredo, esta vez para medirse ante o Coreti Lalín, un rival que vai nos postos baixos da táboa pero que está a competir todos os partidos do campeonato regular. As nosas queren seguir coa boa racha pero non será nada doado. O nivel defensivo será unha das craves do encontro para poder levarse os dous puntos.

(IM) BM LÍNEA 21 ACADEMIA PLURALIA VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

Os rapaces do Climanosa afrontan un moi difícil desprazamento a Mesoiro, tendo que medirse a un equipo moi forte físicamente. As axudas defensivas e a colaboración cos nosos porteiros será crave para que poidamos loitar ata o final por esos 2 puntos.

(IM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS REPRINT ARTEIXO BM

O Óptica Gallaecia debe medirse ao líder da clasificación este domingo. Veñen os rapaces do Óptica facendo un moi bo traballo e deberán certificalo esta fin de semana fronte ao equipo máis forte da competición, unha boa proba para ver ata donde poden chegar estos rapaces e para seguir crecendo como equipo.

(IM) GARAYSA XIRIA “A” VS BM CULLEREDO NOSOLOMADERA

Derbi provincial, donde os nosos infantís visitan a difícil pista de Carballo. O equipo caraballés quere a revancha polo partido de ida, no que os dous puntos quedaron en Culleredo e así poder acercarse un pouco máis na clasificación. Mentras o Nosolomadera ten unha boa oportunidade para ampliar a ventaxa e consolidarse nos postos altos da clasificación regular.

(CF) FERRETERÍA MOLARES CARBALLAL BM “A” VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

O Bm Culleredo Fisioterapia Benestar realiza esta fin de semana a súa segunda saída consecutiva para dar comezo a segunda volta da Liga de Ouro ante o Carballal “A”.

O partido terá lugar no Pavillón Municipal de Carballal o domingo día 28 ás 11:30 horas.

Despois dunha intensa semana de adestramentos, corrixindo erros da xornada anterior, as cullerdenses enfróntanse a un vello coñecido e a pesar de que o marcador sempre favoreceu as de Carballal e por iso parten como favoritos para levarse os dous puntos, o Culleredo sairá a cambiar as estatísticas.

(CM) BM CULLEREDO GALAICO CARAVANING VS VAYRO LALÍN

Partido vibrante o que se disputará en Almeiras o vindeiro sábado entre o BM.Culleredo Galaico Caravaning e o Vayro Lalín e é que os dous equipos suman os mesmos puntos na táboa de clasificación, colocándose terceiros os dezáns e cuartos os cullerdenses. Unha vitoria, por tanto, outorgaría a terceira praza en solitario a quen a logre e rompería unha loita que se vén dirimindo practicamente desde o inicio da competición entre estes dous conxuntos. O encontro dará comezo ás 18.30 no municipal de Tarrío.

(CM) BM LÍNEA 21 REFORMAS CORUÑA SL 2021 VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

O líder invicto na liga Prata cadete, o BM.Culleredo Remax Riazor, disputará un novo derbi a domicilio ou próximo Domingo as 11.45 en Novo Mesoiro, ante o BM Línea 21. Os cullerdenses, que camiñan con paso firme neste grupo da liga Prata, deberán continuar competindo con concentración e seriedade para lograr dous novos puntos que lles acerquen os obxectivos finais de clasificación para a seguinte fase.

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS BM ABEGONDO-ATLÁNTICO

Derbi provincial este Venres no municipal de Tarrío en categoría xuvenil. O BM.Culleredo Despreocúpate.es, recibe ao  BM.Abegondo Atlántico Súmate coa intención de continuar na senda da vitoria, despois de romper a serie de dúas derrotas consecutivas de forma brillante a pasada fin de semana en Cangas do Morrazo. O encontro xogarase ás 18:30h, xusto antes do senior masculino e supoñerá unha oportunidade máis para que os cullerdenses sigan mostrando a evolución no seu xogo e o bo nivel adquirido na parcela defensiva na segunda parte na anterior xornada.

(XM) BM CULLEREDO SWEEPEND VS BM PORRIÑO

O partido que enfronta este próximo Domingo ao BM.Culleredo Sweepend e BM.Porriño, será un encontro onde os cullerdenses desexan volver atoparse co triunfo e, desta forma, manter a súa posición privilexiada a dous puntos do líder. O conxunto de Culleredo, que disputou un encontro de poder a poder ante o Cisne Colegio Los Sauces a pasada semana, cedeu tan só por dous puntos e agora debe de resarcirse desta segunda derrota da tempada e competir como o leva facendo ao longo da liga regular para manter esa segunda praza e apertar aos pontevedreses no máis alto da táboa. El partido dará comienzo a las 18:30 en el municipal de Almeiras.

(SM) SWEEPEND CULLEREDO VS BM.TEJINA Y GÁLDAR

Dobre enfrontamento esta fin de semana para o Sweepend Culleredo, que terá a oportunidade de sacar algo positivo con dous partidos consecutivos ante equipos das illas afortunadas como local. O Venres, os cullerdenses recibirán ao BM.Tejina de Tenerife, inmersos tamén no obxectivo por salvar a categoría e o Sábado farán o propio ante o Galdar de Gran Canaria. Mentres o primeiro choque foi aprazado no seu día pola imposibilidade de que os tinerfeños viaxasen a Galicia por culpa do temporal, o segundo, xa forma parte da xornada número 18 da competición. Ambos os encontros disputaranse no municipal de Tarrío as 20.30 e 19.30 respectivamente. O equipo de Culleredo ten moita ilusión por que esta sexa unha oportunidade de sumar importantes puntos na loita por abandonar a última praza da clasificación e para iso poñerá toda a énfase en mellorar o rendemento na súa parcela defensiva.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *