Saltar ao contido

Vitoria cómoda do Climanosa

Xogaban este domingo os nosos rapaces do Climanosa un encontro importante para poder seguir apretando aos equipos que lideran a clsificación, fronte ao Garaysa Xiria “C”.

Comezaba o encontro de forma contundente cun parcial de 8-0 nos primeiros 10 minutos a favor dos cullerdenses, que estaban moi cómodos en defensa, non permitindo apenas aos rivais chegar á portería e que estaban a xogar con moita claridade as situacións ofensivas a partir do pase y va.

Neste momento chega a relaxación dos nosos, que a pagaban encaixando un parcial 2-3 en contra polas numerosas veces que os nosos avanzados perderon a espalda e os claros erros de lanzamento en ataque. Os nosos algo nerviosos comenzaron a perder balóns e non seríamos quen de marcar máis de 4 goles nos derradeiros 15 min da 1º parte.

Tocaba cambiala actitude na segunda parte e volver a xogar de forma colectiva e organizada, reaccionando os nosos da forma adecuada e poñendo terra de por medio no marcador. A solidaridade defensiva e as boas actuación dos nosos porteiros permitíannos subir rápidamente as transicións nesta 2 parte e levarnos un partido que demostra que cando este grupo está concentrado pode ser un equipo moi perigoso.

Bm Culleredo Climanosa: 31 (12+19) Iago, Xurxo, Hugo Jiménez, Nicolás, Antón, Jacobo, Samuel, Hugo Fariña, Yoel, Beltrán.

Garaysa Xiria C: 12 (6+6) Fallou, Pablo, Diego, Daniel, Román, Mateo, Iker, Pablo, Daniel, Antón, Rodrigo.

Árbitro: Iván Alfonso, levou adecuadamente o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 9ª xornada da Liga de Prata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *