Saltar ao contido

Dous puntos moi traballados do Óptica Gallaecia

Tocaba na mañá deste domingo un encontró moi complicado para o Bm Culleredo Óptica Gallaecia, que recibía ao Bm Línea 21.

Sabedores do perigo que traían consigo sobre todo 2 dos seus xogadores, moi fortes físicamente, estaban os nosos preparados para redobrar esforzos en defensa.

Os primeiros 10 minutos do encontro eran de igualdade total, con dúas defensas 3:3 presionantes, e un intercambio de golpes por parte de ambos equipos. A pesares de levar aos seus xogadores máis perigosos a zonas menos eficaces, estaban a conseguir gol, amosando a súa calidade de lanzamento, xerando moito perigo nestas accións individuais.

Axustando a defensa na zona esquerda do ataque rival, conseguíamos chegar á axuda no momento adecuado e frear as acometidas dos de Mesoiro, saíndo con moita velocidade os nosos á segunda oleada e con moito criterio en ataque xogando a través do pase y va e a transformación do noso extremo dereito para que fose o noso lateral dereito o que aproveitase ese espazo xerado ou o xogo 2x2 en ambos lados. O bo facer nestos derradeiros 10 minutos permitíannos irnos 6 goles arriba ao descanso.

Comezaba a segunda parte e entraban os nosos moi relaxados ao encontro, o que nos pasaba factura xa que baixara a intensidade defensiva e comezábamos a perder o balón en ataque.

Boa reacción dos nosos, que non querían perderlle a cara ao partido e volveron a apretalos dentes en defensa, con máis axudas e moito máis contundentes, conseguindo frear os ataques rivais. A pesares desta reacción, os erros de lanzamento estaban a penalizar moito a un Óptica Gallaecia que non conseguía volver a despegarse no marcador, estando incluso soamente 1 gol por encima en algúns momentos. Sen embargo, nun último tramo moi positivo dos nosos que conseguían forzar malas situacións de lanzamento rivais e saír rápido ao contraataque volveríamos a aumentala distancia e poñelo 39-35 final.

Bm Culleredo Óptica Gallaecia: 39 (21+18) Mauro, Pablo P., Pablo H., Pablo F., Hugo, Aarón, Carlos, Aitor, Fran, Anxo.

Bm Línea 21 Academia Pluralia: 35 (15+20) Yago, Gabriel, Thiago, Artai, Aitor, Sara, Erik, Pablo, Daniel, Manuel, Diego, Xurxo, Malick.

Árbitro: Iván Alfonso, levou adecuadamente o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 9ª xornada da Liga de Prata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *