Saltar ao contido

A boa defensa do Cristalería Gestal vale 2 puntos

Tocáballe desprazarse ás rapazas do Cristalería Gestal na mañá do sábado para afrontar unha nova xornada que lles permitirá seguir apretando na parte alta da táboa clasificatoria.

Como rival terían ás Choqueiras de Redondela, equipo moi loitador e que podería meternos en problemas se non empezábamos o encontro coa concentración adecuada.

Comezaban as nosas o encontro cunha boa intensidade defensiva, pero os erros defensivos de ambos equipos facían destos primeiros 5 minutos un caos que poñía ás cullerdenses 2-3 por encima no marcador. Conseguían ahora as nosas infantís correxilos erros defensivos, subila presión da nosa defensa 3:3 e roubar numerosos balóns, poñendo un marcador de 2-10, obrigando ás locais a pedir un tempo morto.

Trala reanudación estarían máis seguras as locais, arriscando menos balóns e facendo ataques moi largos que as nosas eran capaces de frear, sin embargo chegábamos tarde a algunhas axudas, o que remataba moitas veces en lanzamento de 7m para as rivais. En ataque seguíamos a xerarlles moitos problemas coa transformación da nosa central ante a súa defensa 5:1 e o xogo 2x2 en zona lateral, pero os cuantiosos erros de lanzamento non nos permitían distanciarnos tanto como poderíamos no marcador.

A segunda parte sería moi similar aos derradeiros minutos da primeira, cun Culleredo moi concentrado a nivel defensivo, forzando á súa lateral a lanzar saltando cara fóra no espazo que deixaba a súa extremo ao transformar para que parase de forma sinxela Sara. Na fase ofensiva non éramos quen de aproveitar as superioridades numéricas que obtivemos, con erros claros de pase e erros de lanzamento.

Partido completo do Cristalería Gestal, que segue progresando cada semana e vai minimizando erros e sendo capaz de xogar de forma máis organizada e efectiva.

Bm Culleredo Cristalería Gestal: 35 (19+16) Sara, Lola, Martina, Sofía, Simona, Uxía, Cintia, Celia, Antía, Aitana, Inés.

Catapeixe Holiday Apartaments as Choqueiras de Redondela: 15 (7+8) Aroa, Julieta, Inés, Cecilia, Paula, Uxía, Elsa, Melkdes, Ana, Alba, Nicole.

Árbitro: Juán Lampón, correcto durante o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 9ª xornada da Liga Prata infantil feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *