Saltar ao contido

O FISIOTERAPIA BENESTAR CAE NA SÚA VISITA A CANGAS

O Bm Culleredo Fisioterapia Benestar caeu este domingo derrotado en Cangas ante o Dental Pablo Sieiro Bm Cangas (16-33) na última xornada da primeira volta da Liga Ouro na categoría Cadete Feminina. Deste xeito, o conxunto cullerdense afástase da metade da táboa clasificatoria.

O Cangas deixou o encontro prácticamente sentenciado ao descanso (17-10).

O encontro comezou bastante igualado, pero a partir do 6-6 foron as canguesas foron as que se impuxeron no xogo e se adiantaron no marcador (11-7).

Tras o paso polos vestiarios, o Cangas non deu opción de remontada ao conxunto visitante, que non acertou no aspecto ofensivo, e non conseguiu frear o ataque local rematando perdendo cun marcador maior do previsto.

Sen tempo para arrepentirse, o Fisioterapia Benestar ten esta semana que prepararse para enfrontarse a outro dos equipos que están na cabeza da clasificación, o Carballal A, que será a vindeira fin de semana (aínda está por determinar o día e a hora)

DENTAL PABLO SIEIRO BM. CANGAS 33 (17+16):  Nadia Perez Max ,Ana Cancelas Iglesias, Goretti Carballal Lopez , Emma Rial Salgueiro, Aitana Lorenzo Riobo, Nuria Villar Eiroa , Ana Costas Iglesias , Eva Gonzalez Gonzalez, Raquel Rial Otero, Elba Nogueira Lovera, Irene Dios Loureiro , Celia Jimenez Caeiro , Nerea Trigo Fernandez, Tania Curras Novas

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 16 (10+6): Carla Muiño Cancela, Lucia Ines Cortegoso Rey ,Aroa Garcia Pena, Paula Peteiro Vazquez, Lua Fernandez Nuñez ,Luana Gomez Fuentes, Antia Ferreño Fernandez, Carmela Erias Vazquez, Irene Rodriguez Fernandez , Sara Fraga Fraga , Nadia Martinez Garcia ,Uxia Oton Gonzalez, Noelia Lopez Andreica.

Descanso 17-10 final 16-33

Colexiados:. Ania Lampon Santos e Alberto Rodriguez Rodriguez

Incidencias: 9ª xornada da Liga de Ouro celebrada no Pavillón Municipal de O Gatañal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *