Saltar ao contido

O SWEEPEND CULLEREDO CAE ANTE UN CALVO XIRIA SUPERIOR

O pasado sábado, visitaba o municipal de Tarrío o Calvo Xiria de Carballo, nun derbi provincial que sempre se converte nunha festa do balonmán ante a gran afluencia de público e o interese que esperta.
Comezaría o partido cun Sweepend Culleredo animoso, concentrado, intenso, conseguindo ese 2-0 de saída que ilusionaba á parroquia local, pero que duraría apenas uns minutos, o tempo xusto no que os cullerdenses se quedaban cun menos por exclusión de Carlos M. Guisasola no minuto 02.48. Esta superioridade aproveitaríaa o conxunto bergantiñán para igualar a contenda (2-2 minuto 5) e tomar o mando do partido nas diferentes fases do xogo. Os de Carballo poñíanse por diante e avantaxaban ao seu rival en tres tantos cando se chegaba ao meridiano. Sería entón cando un 2-5 de parcial faría un dano irreparable ao Sweepend Culleredo, que vía como o Calvo Xiria se retiraba aos vestiarios no tempo de descanso cunha cómoda vantaxe (11-18). Os erros non forzados (ata 10 nesta media hora) e os innumerables fallos de lanzamentos sós ante o porteiro, lastraban unha vez máis as intencións de reacción por parte dos cullerdenses.
Nos primeiros dez minutos da continuación, outro parcial de 2-5 terminaría por afogar as opcións do equipo de Culleredo, que continuaría tentándoo cunha e dúas mixtas na súa retagarda e buscando solucións no posicional cun xogador máis, plantexando un ataque 7x6. Non sería suficiente, o Calvo Xiria era dono e señor do encontro e así como o 7x6 estaba a funcionar, a defensa do Sweepend non sería capaz de frear o ataque do seu rival.
O Swepend Culleredo, terá unha oportunidade dobre a semana que vén, o Venres ante o BM.Tejina, tamén inmerso na pelexa pola salvación e o Sábado ante o Galdar de Gran Canaria, dous equipos das illas afortunadas ante os que o Sweepend Culleredo tentará sacar algo positivo.

Sweepend Culleredo : 26 (11+15). Jorge López (P), Oscar Bello (P), Aresi (1), Alberto Catoira (5), Carlos Costa (1), Marcos Vázquez (5), Mario Crecente, Pedro Pereira (2), Daniel Salvador (1), Adrián Díaz (1), Carlos Martín (2), Iago Ferreiro (6), Nuno Loxo (1), Senén Garea, Darío Pérez (1).

Calvo Xiria: 38 (18+20). Darío Calviño (P)(2), Alex Vázquez (P), Aarón Rodríguez (4), Gabriel Castiñeiras (1), David García (2), Fran Rey (2), Julián García (2), Hugo Rodríguez (9), Diego Antelo (1), Mario García De Seárez (2), Carlos Varela, Marcos Amarelle, Mario Cancela (6), Edu Cousillas (3).

Parciais cada 5´: 2-2 / 4-5 / 5-8 / 7-13 / 9-15 / 11-18 / Descanso / 13-22 / 13-23 / 16-26 / 17-30 / 21-33 / 26-38 / Final.

Colexiados: Daniel Valdés e Jordán Suárez.

Incidencias: Partido correspondente a 17ª xornada no grupo A da 1ª nacional en categoría senior masculina. Encontro disputado nun municipal de Tarrío abarrotado por seguidores de ambos os equipos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *