Saltar ao contido

PARTIDO VIBRANTE DO ÓPTICA GALLAECIA EN CARBALLO E DERROTA POLA MÍNIMA

O BM.Culleredo Óptica Gallaecia, disputou este pasado Sábado o partido correspondente á oitava xornada da liga Prata (Grupo C) que o enfrontaba ao Garaysa Xiria C. Os cullerdenses, comezaron con bo ritmo e pronto tomaron a dianteira no electrónico. As diferenzas eran mínimas, xa que o conxunto local mantiña o pulso co seu rival nun intento de darlle a volta ao marcador. No último tramo deste primeiro tempo, o Garaysa Xiria C tomaría a dianteira propiciado, en gran medida, polo aumento da súa actividade defensiva e a anticipación nesta fase do xogo. En ataque, os bergantiñáns mostrábanse máis activos e conseguían superar aos defensores do Óptica Gallaecia, demasiado estáticos e con escasa mobilidade de pernas. Así se chegaría ao descanso, cun 13-11 a favor dos locais e todo por dilucidar cara ao segundo acto.
Na continuación, o encontro tomaría un ritmo maior, unha marcha máis, con dous conxuntos dinámicos exhibindo un balonmán rápido que, ademáis, dadas as apreturas no marcador, facía vibrar á afección congregada no IES Monteneme que estaba a disfrutar ca igualdade e o ritmo alto de ambos os equipos.
O partido remataría finalmente cunha vitoria pola mínimo do Garaysa Xiria C e unha boa actuación dos bravos mozos de Culleredo que volverán á competición a próxima semana no partido que lles enfrontará ao líder en Culleredo.

XOGARON POLO ÓPTICA GALLAECIA:

Hugo Nodar (P), Francisco Hermo (P), Carlos Negreira, Pablo Hermida, Pablo Fraguela, Pablo Penelas, , Anxo Blanco, Aarón Beade, Mario Prada, Iván Bregua.

Colexiados: Alison Caamaño e Iria Ferreiro.

Incidencias: Encontro da xornada Nº8 do grupo C na liga prata de categoría Infantil Masculina que se disputou no pavillón do IES Monteneme en Carballo. Boa afluencia de público nas bancadas con familiares dos rapaces de ambos conxuntos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *