Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Xornada chea de partidos do máis alto nivel, cos nosos xuvenís xogándose o 1º posto da Liga Ouro xuvenil en Pontevedra fronte ao Cisne, os senior afrontando o duro derbi fronte ao Calvo Xiria e o difícil desprazamento das nosas cadetes a Cangas. Non te perdas esta xornada e ven a disfrutar do mellor balonmán galego.

(IF) CATAPEIXE HOLIDAY APARTAMENTS AS CHOQUEIRAS VS BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL

O Cristalería Gestal desprazarase na mañá deste sábado a Redondela para loitar contra as Choqueiras nun encontro no que recuperamos a todas as xogadoras e nas que as cullerdenses buscarán melloralo traballo defensivo e continuar sumando puntos. De sumar unha nova vitoria, asegúranse as nosas seguir empatadas no segundo posto co Carballal e incluso superalas viguesas.

(IF) TECNOSAT BM CANGAS VS BM CULLEREDO SUTENOR

As nosas miniguerreiras visitan a pista do Cangas, un conxunto que vai 4º na clasificación, moi preto das nosas, que van 2º.

Se o Sutenor consegue traer os 2 puntos para Culleredo distanciaríanse moito do Cangas e daríalle máis aire para comezar a segunda volta do campeonato.

(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS GARAYSA XIRIA “C”

Busca o Climanosa prolongala súa boa racha nesta Liga Prata, un equipo que está nunha dinámica moi boa e que pode apretar aos equipos que lideran a clasificación. O rival será o Garaysa Xiria “C”, que loitará ata o final por levarse os 2 puntos de Culleredo, deberán estar os nosos ao 100% a nivel defensivo se queren retelos.

(IM) GARAYSA XIRIA “C” VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS BM LÍNEA 21 ACADEMIA PLURALIA

O Óptica Gallaecia afronta unha dobre xornada na que deberá primeiro afrontalo desprazamento a Carballo, donde se atoparán cunha defensa moi presionante que nos esixirá o máximo a nivel ofensivo.

O domingo recibirán a un dos equipos máis fortes da categoría, o Línea 21, que conta con xogadores moi potentes físicamente e que porá a proba a un Óptica Gallaecia que quere seguir crecendo e afrontando retos como estos parar mellorar.

(IM) BM LÍNEA 21 TRANSGALO VS BM CULLEREDO NOSOLOMADERA

Derbi comarcal esta fin de semana. O Nosolomadera, cuarto clasificado da Liga Ouro, visita a difícil pista do segundo clasificado, o Bm Línea 21 Transgalo.

Un encontro moi igualado, onde os dous equipos nos deleitarán co seu bo xogo.

(CF) DENTAL PABLO SIEIRO BM CANGAS VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

L Encontro difícil do Bm CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR esta fin de semana, o domingo 21 no Pavillón Municipal do Gatañal ás 11:30. As rapazas do Culleredo xogan contra o primeiro clasificado na Liga de Ouro, no que ainda non perderon nin un encontro.

As cullerdenses levan toda a semana medrando defensiva e ofensivamente para este encontro, do cal, esperan sair con boas sensacions e non dar todo por perdido por ter diante as de Cangas.

(CM) BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING VS BM LÍNEA 21 REFORMAS CORUÑA SL

O Galaico Caravanning terá un compromiso no que é importante sumalos 2 puntos para mantelo 3º posto da clasificación e apretar ao 2º clasifcado.

Toca mellorar o traballo feito en Rodeiro, tendo que axustalo traballo defensivo e xogando con maior claridade en ataque, evitando as situacións precipitadas e as perdas de balón.

(CM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS RODEIRO FARO

O líder do grupo C segue a traballar moi duro durante a semana. Nesta ocasión visítanos o Rodeiro de Lalín.

A dinámica é a mesma, buscar unha solidez defensiva e poder imprimir un ritmo alto en ataque.

(XM) BM CANGAS VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

Novo desprazamento compricado para o Despreocúpate.es, que tralo mal partido feito en defensa fronte ao Chapela, buscará recuperar sensacións e volver a conseguir unha vitoria. Partido que será máis difícil do que asemella e no que os 2 puntos se transforman en vitais para seguir loitando na parte alta da táboa clasificatoria.

(XM) CISNE COLEGIO LOS SAUCES VS BM CULLEREDO SWEEPEND

O Culleredo Sweepend afronta este sábado de tarde o que probablemente sexa o partido máis complicado da tempada, o desprazamento a Pontevedra para medirse ao Cisne, equipo que se atopa empatado a puntos cos nosos no 1º posto da clasificación. Chega o Sweepend moi motivado e preparado para dar un golpe na mesa e asaltalo liderato desta Liga Ouro xuvenil masculina.

(SM) SWEEPEND CULLEREDO VS CALVO XIRIA

O Sweepend Culleredo afronta este sábado o derbi provincial fronte ao Calvo Xiria, un partido que sempre é sinónimo de intensidade e espectáculo para a grada. Tralo bo papel dos nosos xogadores na xornada anterior en Pontevedra, deberemos seguir nesa liña para poder loitar polo partido e sumar puntos nun partido no que se loitará ata o final. A gran novidade neste encontro será a presenza de Alberto Catoira, que volta aos terreos de xogo despois do remate da pasada tempada, un reforzo de nivel para a mermada 1ª liña cullerdense.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *