
Afrontaban este sábado ao mediodía os nosos rapaces do Nosolomadera a volta á competición tralo parón de Nadal.
Comezaba o encontro o noso equipo sabendo do peligro que tiña o lateral esquerdo rival, que monopolizaría o ataque vigués. Con esto en mente, a zona dereita da nosa 3:3 tería que ter especial atención, buscando frear as acometidas deste xogador e obrigando ao rival a levalo balón a zonas menos perigosas e efectivas. Cos nosos moi concentrados, os primeiros minutos serían crave, cun marcador 5-2 de inicio froito das recuperacións de balón e un traballo colectivo en ataque a partires da tranformación do nosos lateral dereito e o xogo 2x2 en ambos lados do ataque.
A nosa defensa 3:3 estaba a darlle problemas aos rivais, que buscaban solucionar a partires de cruces para xerarnos cambios de opoñente e forzar algún erro que abrise espazos ou ben para o lanzamento exterior do seu lateral esquerdo ou a continuidade ao seu pivote que por tamaño e forza comezaba a xerarnos problemas por un momento, o que lles permitía anotar algún gol máis nestos derradeiros minutos. A pesares desa melloría ofensiva dos rivais, a súa defensa tiña serias dificultades para frear o ataque dos nosos, que abrindo o campo para buscar situacións con moito espazo de 1x1 e 2x2 conseguían anotar con facilitade e chegar ao descanso 24-11 no marcador.
Tocaba afrontar unha 2º parte na que se partía con unha vantaxe ampla e que servía para por en práctica unha defensa 5:1 que os nosos ainda non dominan. Con certos erros no cambio de opoñente e a falta de contuntencia nas axudas permitíamoslle aos vigueses verse algo máis fortes na faceta ofensiva. Nesta segunda parte tampouco estaban os nosos moi finos, con situacións máis forzadas e lanzamentos sinxelos para o porteiro rival que lles permitían aos vigueses facer unha segunda parte moi competida.
Bo partido dos nosos, que se van con moi boas sensacións da 1º parte e cunha 2º parte que valeu para rematar de aclarar conceptos defensivos claves para afrontar esta 2º volta da Liga Ouro.
Bm Culleredo Nosolomadera: 39 (24+15) Mateo, Javier, Sebastián, Alexis, Martín, Alejandro, Pablo, Teo, Antón, Mauro, Isaac, Jacobo.
Iberconsa Bm Reconquista de Vigo: 27 (11+16) Adrián, Leo, Mario, Jacobo, Hugo, Mauri, Anxo, Samuel, Lukas, Eduardo.
Árbitro: Nicolás Vázquez, sen problemas durante todo o encontro.
Incidencias: Partido correspondente á 8ª xornada da Liga Ouro infantil masculina.
