Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO SWEEPEND VENCE EN PONTEVEDRA AO TEUCRO E É COLÍDER DA LIGA OURO.

O BM.Culleredo Sweepend, impúxose o pasado sábado no municipal de Pontevedra á S.D. Teucro UIE e colócase colíder da liga Ouro despois do tropezo do líder ante o Xiria de Carballo. Os cullerdenses fixeron o peor partido da tempada na volta do parón do Nadal e é que se notou a falta de ritmo despois de dúas semanas sen competir e o cansazo acumulado dos xogadores que chegaban do CESA. Foi así, que un equipo sen ritmo e errático en defensa, non se daba distanciado do seu rival no primeiro tempo, mostrando ademais falta de precisión no ataque posicional e un deficiente ritmo de balón. A maior calidade dos de Culleredo, facía posible que o equipo se retirase dominando ao descanso (13-15), pero había moito que mellorar para non pasar apuros na continuación.
Non cambiarían moito as cousas no inicio do segundo acto, pero bastaron dez minutos no meridiano do último tempo para que o BM.Culleredo Sweepend incrementase o seu ritmo de pernas en defensa e saíse con velocidade ao contragolpe e desta forma asinase un parcial de 3-11 que deixaba o encontro encarrilado (20-31). No último tramo, os cullerdenses terían un final prácido e asinarían unha nova vitoria que lles da o coliderato.

SD Teucro UIE: 24 (13+11). Marcos Vázquez, Anxo Barco, Agustín E. Borel, Roi González, J. Antonio Díz, Mateo Jiménez, Iker Rodiño, Oscar A. Baltar, Jose Carbajal, Marcos Ríos, Hugo Dacunha, Manuel Fariña, Mateo Carbajal, Daniel Parente, Pablo Matías.

BM. Culleredo Sweepend: 34 (15+19). Marco González (P), Xoel Insua, Lucas Sánchez, Aarón Blanco, Marcos Regueiro, Atalo Bello, Josemi Martínez, Adrián Veira, Iván Sánchez, Samuel Seijas, Alejo Martínez, Nico Casal, Daniel González, David Martínez, Felix Noya, Antón Pérez.

Parciais 5´: 4-5 / 6-7 / 7-10 / 10-12 / 12-13 / 13-15 / DESCANSO / 15-16 / 16-20 / 17-20 / 20-27 / 20-31 / 24-34.

Colexiados: Daniel Paredes e Roy García.

Incidencias: Última xornada da primeira volta na Liga Ouro en categoría xuvenil masculino. Partido disputado no pavillón municipal de Pontevedra con un centenar de siareiros nas bancadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *