Saltar ao contido

Dominio do Cristalería Gestal en Almeiras

Xogaban na mañá do sábado as rapazas do Bm Culleredo Cristalería Gestal en Almeiras, fronte ás viguesas do U.B. Lavadores Vigo.

Afrontaban as nosas o encontro plagado de baixas, pero coa determinación de sacar adiante un bo partido e confirmar o bo momento de forma das nosas infantís.

Aparecían no equipo ata 4 alevíns, para suplilas baixas e amosar que están máis que preparadas para asumilo reto, aportando moito ao equipos.

Serían os primeiros minutos dun dominio total das nosas infantís, que con unha defensa 3:3 moi presionante conseguían frear en seco ás rivais, recuperando cuantiosos balóns e subindo con criterio a transición. A presión tan alta das nosas xeraban moitas dudas no equipo rival, que soamente encontraba refuxio no 1x1, co que por momentos conseguían facernos dano, pero as axudas defensivas ían aparecendo e forzábamos lanzamentos dende zona menos efectivas, aparecendo a nosa porteira para detelo balón.

En ataque estático estaban as nosas coas ideas moi claras, xogando moi ben a partir das saídas da pivote ao pase e vai; e das trasnformacións das nosas extremos, que atopaban nesta primeira metade boas situacións de lanzamento trala transformación.

Cunha diferenza de 10 goles ao descanso, pintaba a unha segunda parte máis tranquila xa, con un bo colchón, pero as nosas rapazas non afrouxaban, con un traballo colectivo en defensa moi bo, impedindo que a 1º liña superase cara o centro e con boas axudas exteriores.

Sería cara o tramo final do partido que se relaxaban algo as nosas e aproveitaban as rivais para apretar un pouqiño máis e recortar distancias no marcador, nun partido no que non peligraron os 2 puntos pola concentración e serenidade das nosas.

Hai que darlle sen dúbida a noraboa a estas rapazas que están a competir a un moi bo nivel e traballando incansablemente en defensa.

Bm Culleredo Cristalería Gestal: 33 (16+17) Tania, Simona, Aldara, Elena, Uxía, Cintia, Celia, Antía, Aitana, Inés, Yasmín.

U.B. Lavadores Vigo: 17 (6+11) Aroa, Carla, Uxía, Vega, Candela, Nerea, Lola, Noa, Daniela, Ariana, Ainhoa, Valentina.

Árbitro: Nicolás Vázquez, correcto durante o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 8ª xornada da Liga Prata infantil feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *