Saltar ao contido

O SWEEPEND CULLEREDO MOSTRA UNHA CLARA MELLORÍA NA MANEIRA DE COMPETIR ANTE UN DOS FAVORITOS

O Sweepend Culleredo, afrontaba unha difícil papeleta no inicio da segundo volta desta 1.ª nacional. Desprazábase o Sábado a Pontevedra para enfrontarse a un dos favoritos ao ascenso, o Lirón SD Teucro, que conta nas súas filas con xogadores semiprofesionales e con pasado en ligas superiores. Chegaban os cullerdenses de novo con catro xuvenís convocados para este envite, inmersos nese proxecto futuro de aposta clara polos xogadores formados na base e que están a axudar ao equipo para paliar o infortunio das lesións que arrasan o cadro cullerdense nun número de cinco efectivos importantes. Ante este panorama, o Sweepend Culleredo demostrou as súas gañas por competir sen complexos ante o potente equipo pontevedrés e levando a cabo o plan de partido de forma ordenada e disciplinada, entrou no encontro con intensidade, concentración e decisión. A defensa desexaba mostrarse férrea, embudando á 1.ª liña local no centro da retagarda e prestando especial atención aos contrabloqueos e os cambios de opoñente no perigoso xogo de 2x2 co pivote rival. O plan era claro pero difícil ante a calidade TEC-TAC da 1.ª liña teucrista que se impoñía nos primeiros compases. En ataque, en cambio, o equipo cullerdense mostrábase fluído no xogo de oitos, apostando polos cruzamentos para buscar a amplitude do xogo co obxectivo de mover aos centrais locais e conseguir espazos efectivos nas zonas laterais e exteriores. As permutas altas, os cortes do pivote e o extremo esquerdo incidindo no "pasa alto por fóra", eran outras das estratexias que estaban a dar un redito aceptable no posicional para que o conxunto do Lerez non se escapase no marcador (13-10 minuto 20). Unha última arrancada teucrista, poñería a máxima diferenza no electrónico ao fin do primeiro acto (13-19).
Na continuación, os locais tentarían saír cunha marcha máis para sentenciar e evitar posibles sobresaltos e o maior fondo de banco contribuiría a ampliar a vantaxe ao seu favor (27-15 minuto 40). Lonxe de renderse, o Sweepend Culleredo acudiría ao seu plan B e mesmo C, que unido a ese carácter competitivo que o equipo estaba a mostrar no municipal do Lerez, contribuirían a reducir a distancia. Así, coa mixta a Xurxo inicialmente e coa dobre mixta posterior na retagarda, os cullerdenses negábanse a claudicar sen loitar e no posicional, apostaban por un 7x6 do que sacaban certo rédito. Os teucristas apelaban á súa experiencia e non se poñerían nerviosos en ningún momento, controlando estes últimos minutos para sumar os dous puntos en xogo e continuar aspirando a reinar no máis alto da táboa. Os cullerdenses, que o tentaron por todo os medios, podían marcharse orgullosos pola maneira de competir e por ese parcial de 8-12 conseguido nos últimos vinte minutos, unha diferenza que non sería suficiente para puntuar, pero que debe de ser aliciente para próximos envites.

Lirón SD Teucro: 33 (19+14). Francisco J. Santana, Miguel Jiménez, Marco Dzokic, Xurxo Rivas (5), Miguel Monteagudo (1), Brais Cerviño, Andrés Pérez (4), Martín González (1), Caue Herrera (2), Carmelo Álvarez (4), Eloy Krook (2), Sergio Blond (3), Rhuan Marchete (2), Caio Da Silva, Daniel V. Pintus (9).

Sweepend Culleredo: 29 (13+16). Jorge López (p), Oscar Bello (P), David Martínez, Iván Sánchez, Samuel Seijas (4), Carlos Costa (1), Carlos Martín Guisasola (2), Marcos Vázquez (7), Daniel González (2), Daniel De Salvador (3), Adrián Díaz (3), Iago Ferreiro, Nuno Loxo (1), Mario Crecente (5), Darío Pérez (1), Senén Garea.

Parciais cada 5´: 4-2 / 7-6 / 11-8 / 13-10 / 16-12 / 19-13 / Descanso / 22-15 / 25-17 / 27-19 / 30-21/ 32-25 / 33-29 / Final.

Colexiados: Alberto Fdez e Silvia Vázquez.

Incidencias: Encontro correspondente á primeira xornada da segunda volta en primeira nacional masculina (Grupo A) disputado no municipal de Pontevedra ante máis de un centenar de afeccionados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *