Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES, NON PODE COA 1.ª LIÑA DO LÍDER

O Domingo pasado, visitaba Tarrío o líder do grupo B na liga Prata, o Balonmán Chapela e os locais partían coa ilusión de continuar crecendo no seu xogo e mostrar ese gran carácter competitivo que ofreceran ante outro dos favoritos da categoría no último encontro de 2023.
A intensidade coa que saíron os xogadores cullerdenses ao terreo de xogo foi notable, plantando cara ao equipo redondelano sen complexos e cun descaro digno de mención. A parte máis deficiente estaba a ser unha retagarda que non era capaz de frear as accións atacantes do conxunto rival, personalizadas especialmente en Hector, Xoel e Andrés, que sumarían trinta goles dos corenta e sete do seu equipo. Os cullerdenses non perdían corda con respecto ao seu rival e moveríanse entre os dous e tres goles por detrás. Non sería ata os últimos instantes do primeiro tempo, cando o Balonmán Chapela, aproveitando algunhas imprecisións locais de forma consecutiva, ampliaría a súa vantaxe para dominar por unha diferenza máxima de cinco goles (19-24). Era evidente que os ataques estaban a impoñerse ás defensa e eso era algo que tiña que cambiar se o Despreocúpate,es desexaba poñer en aprietos ao conxunto de Redondela.
No segundo acto, o Balonmán Chapela terminaría por abrir unha brecha insalvable e é que o BM.Culleredo cometería unha suma de erros consecutivos ao comezo da continuación, que serían aproveitados polo seu rival. Demasiadas facilidades ante un bo equipo que se converterían nun lastre excesivo para as opcións de remontada. Aínda así, o Despreocúpate.es non cejaría no seu afán competitivo e, lonxe de entregarse, loitaría ata o final, recuperando varios balóns na situación exposta con dúas mixtas, para deixar o marcador final nese 35-47.
A semana que vén, o BM.Culleredo Despreocúpate.es ,desprazarase ata Cangas para tentar conseguir dous puntos ante o conxunto do Morrazo.

BM.Culleredo Despreocúpate.es: 35 (19+16). Rubén Gantes (P), Bruno Pardo, Nico Díaz, Iago Vázquez, Jairo Míguez, Xoel Insua, Lucas López, Matías Teixeiro, Mario Sánchez, Álvaro Siso, Antón Pérez, Nico Arias, Diego Del Río, Juanfran Pazos, Anxo Negreira, Mateo Pérez.

Balonmán Chapela: 47 (24+23). Pedro Rodríguez, Lois Alonso, Hector Da Cunha, Adrián Darroza, Nicolás Alonso, Unai Ruiz, Xavier Barreiro, Oscar González, Xoel Fdez, Roi Tizón, Andrés González, Hugo Correa.

Parciais cada 5´: 3-4 / 6-8 / 8-12 / 14-16 / 17-21 / 19-24 / Descanso / 21-26 / 23-30 / 25-35 / 26-39 / 29-43 / 35-47 / Final.

Colexiado: André Pena.

Incidencias: Encontro correspondente á xornada Nº 10 da liga Prata (grupo B), disputado nun municipal de Tarrío con moi boa entrada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *