Saltar ao contido

O GALAICO CARAVANING COMEZA O ANO CON VITORIA

Viaxaba o Galaico Caravaning a Rodeiro (Lalín), co obxectivo de conseguir os dous puntos, dándolle continuidade desta forma ás sensacións tan positivas coas que finalizara o 2023 no derbi fronte ao OAR. Grazas a aquela vitoria, os de Culleredo ascendían ata a terceira praza da clasificación e neste primeiro partido do 2024, viaxaban ata a localidade dezana coa ilusión de manter esta privilexiada posición.
Non foi o mellor encontro dos cullerdenses, nin moito menos, máis ben todo o contrario. As dúas semanas sen competir notáronse sobre maneira e a diferenza de puntuación na clasificación, non se facía palpable. Houbo que esperar aos últimos instantes do primeiro tempo para que o Galaico Caravaning adquirise unha cómoda renda e se retirase ao descanso dominando por cinco goles (11-16).
O xogo non melloraría na segunda parte, con dous equipos mostrando grandes dificultades na retagarda e sen orde táctica no posicional, pero a maior calidade técnica e física do conxunto de Culleredo, terminaría por inclinar a balanza ao seu favor, sumando os dous puntos desexados que manteñen ao equipo no podio da competición.

BM.Rodeiro Faro : 31 (11+20). Iván Nieto, Roque González, Javier Cuñarro, Anxo Domínguez, Mohammad Amine, Ramón Millán, Pablo Rodríguez, Brahim Iqli, Miguel Lamazares, Daniel Vázquez, Diego González, Juan Pablo Santos.

BM Culleredo Galaico Caravaning: 38 (16+22): Jorge Amor, Hugo Nodar, Víctor Laya, Mateo Negreira, Jairo Candamio, Hugo Bermúdez, Adrián Aneiros, Xoán Seoane, Diego Rodríguez, Hugo Bregua, Pablo Ares, Alex Tajes.

Parciais cada 5`: 2-2 / 4-5 / 6-8 / 8-9 / 9-13 / 11-16 / Descanso / 13-19 / 18-24 / 22-32 / 24-34 / 27-36 / 31-38 / Final.

Árbitros: Arianna Cambeiro.

Incidencias: Primeiro partido do 2024 e da segunda volta na liga regular prata cadete masculino (Grupo C). Encontro disputado no municipal de Rodeiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *