Saltar ao contido

O SUTENOR SORPRENDE O SEGUNDO CLASIFICADO

O Sutenor sorprendeu o Balonmán Chapela na xornada despois do parón do nadal e ponse segundo na táboa clasificatoria empatado a puntos co Chapela.

Gran encontro o vivido no municipal de Almeiras onde o Chapela en condición de invicto visitaba a pista cullerdense, onde de momento só os puntos quedaron en Culleredo , e non ía ser menos nesta ocasión xa que o Sutenor sacou o seu arsenal defensivo e ofensivo para poder dobregar o conxunto de Redondela.

Comezaba o encontro con moita igualdade , pero sobretodo cun Chapela que según recuperaba un balón saia rápido a contra.O Chapela propoñia un 5:1 moi cerrada onde a súa intención era cerrar o centro da defensa .

O Sutenor pola sua parte propoñia un sistema 3:3 agresivo onde o primeiro era interceptar o balón e alexarlo da súa propia portería.Isto comenzou a dar o seu rédito co paso dos minutos onde pouco a pouco e con moito sacrificio o equipo conseguía poñerse por diante do marcador e poder ter unha ventaxa de 2-3 goles ata finalizar a primeira parte.

Resultado da primeira parte: Bm Culleredo Sutenor 13- Bm Chapela 11.

Tras correxir certos patróns do xogo ofensivo e sobretodo pequenos detalles a nivel defensivo que foron vitais para poder seguir controlando o partido o Sutenor saiu moi forte e conseguía un parcial de 4-1 que lle daba moita tranquilidade para seguir afrontando o encontro . O cambio de sistema defenisvo a 6:0 do equipo visitante no estaba a dar rédito .Pero ainda quedaba moito por diante , e sobretodo nun partido destas caracteristicas non te podes relaxar xa que calquer equipo poder dar un arreón.

O Sutenor soubo xestionar esta ventaxa , pero sobretodo grazar a solidaridade defensiva, o carácter competitivo , as gañas de poder non perder o que tés . Todo isto sumou para poder chegar os minutos finais cunha ventaxa onde ainda se ampliou máis.

Gran partido do Sutenor a niveis xerais , toca disfrutar pero xa a semana que ven borrón e conta nova para poder preparar o seguinte encontro contra o Bm Cangas .

RESULTADO FINAL BM CULLEREDO SUTENOR 29- BM CHAPELA 23

Feliciades pola victoria.

Forza Culle.

BM CULLEREDO SUTENOR: Sara Fernández, Noa Otón, Maria Otero, Helena Portas, Alba Fernández, Thais Villaverde, Claudia Soto, Rosalia Viega, Sara Villar, Eva Outón, Celia González, Aitana Gestal.

BM CHAPELA : Aroa Fernández, Sabela Fernández, Sara García, Angela Sánchez, Daniel Garcia, Noa Garrido, Lia Pintos, Erika Sánchez, Alicia Barciela.

PARCIALES CADA 5`: 3-4/4-6/8-7(11-8/13-11/17-12/20-16/23-17/26-21/29-23

ÁRBITROS: André Pena, Victor

INCIDENCIAS: Encontro da xornada 8 da liga de Ouro infantil femenina , disputado no pabillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *