Saltar ao contido

O CRISTALERIA GESTAL CONSEGUE 4 PUNTOS ESTA FIN DE SEMANA

As nosas miniguerreiras do Cristaleria Gestal volvían a competición este fin de semana con dobre xornada para elas, primeiro o sábado fronte o Lavadores de Vigo e o domingo contra o Bm Chapela B.

O sábado as nosas poñian as bases do encontro a nivel defensivo , logrando só encaixar 6 goles na primeira metade, as interceptacións en contras en primeira oleada , grazas a dinámica defensiva proposta , cun sistema 3:3 moi agresivo.

Estas situación ia en aumento e logo na fase ofensiva o equipo pese as baixas que tiña no plantel , o Cristaleria Gestal non se aminalaba e conseguia goles sencillamente.

No descanso 16-6 .Na segunda metade o Cristaleria Gestal tivo algo máis de problemas a nivel defensivo pero a niveles xerais foi mellor equipo que o equipo visitante de Vigo que non puido controlar o xogo das cullerdenses en ningún momento do partido . 33-17 o remate do encontro do sábado .

Agora tocaba descansar para poder estar con enerxías para poder disputar o domingo o encontro fronte o Chapela.

O domingo tivo a mesma dinámica de xogo que o sábado , un Cristaleria Gestal moi dominante no que nos primeiros 10 minutos xa tiña unha ampla vantaxe no marcador , case 10 minutos tardou o Chapela en marcar o seu primeiro gol . Antes as cullerdenses xa tiñan interceptado demasiados balóns que propiciaban contrataques en primeira oleada .

A nivel ofensivo o balón circulaba rápìdo e conseguianse goles sencillos dende diferentes posicións, o 5:1 ou 6:0 proposto polo equipo visitante non creaba problemas o ataque proposto polo Cristalera Gestal que estaba moi cómodo en tarefas ofensivas.

O marcador reflexaba un 27-10 o final do encontro.

Bó finde semana para o Cristaleria Gestal que garda 4 puntos e iguala ao segundo clasificado na taboa ligueira.

Felicidades polo traballo demostrado .

Forza Culle.

RESULTADOS FINALES:

BM CULLEREDO CRISTALERIA GESTAL 36- UNIÓN LAVADORES VIGO 16

BM CULLEREDO CRISTALERIA GESTAL 27- BM CHAPELA B 10

BM CULLEREDO CRISTALERAI GESTAL: Simona Seo, Cintia Miguez, Celia González,Aitana Gestal,Antía García, Yasmín Gabarri,Inés Argiz,Elena Aneiros, Aldara Allegue, Uxía Seoane,

INCIDENCIAS: Encontro disputados no pavillón municipal de Almeiras, Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *