Saltar ao contido

O REMAX RIAZOR SEGUE CON MOITO RITMO

Primeiro encontro ligueiro despois do parón ligueiro por mor do nadal, onde o Remax Riazor segue sen baixar o pé do acelelador , xa que esta fin de semana conseguiu unha victoria bastante contundente ante o Oar Ciudad.

Só no inicio do encontro nos primeiros 5 minutos o encontro estivo igualado , co paso dos minutos o Remax Riazor ia facendose o dono do encontro , primeiro polo balance defensivo onde conseguía solucionar os primeiros erros do encontro , unha vez encontrado o punto ideal defensivo o equipo cullerdense conseguia ampliar ventaxa ata 5 goles. O sistema 6:0 estaba a funcionar con moita contundencia e sobretodo nivel coordinativo, cerrando a zona central e só provocando lanzamentos en zona exterior que se soprepasaban a blocaxe, os porteiros cullerdenses estaban para deter o lanzamento.

4 goles encaixados non últimos 15 minutos da primeira parte daban ao Remax Riazor unha gran superioridade na pista eso si ben gañada e traballada. Ao descanso o marcador reflexaba un 9-29.

Na segunda metade o equipo mantivo a liña de xogo , intentando disciplinar o xogo estático para poder seguir gañando confianza e seguridade nos procedimentos ofensivos mostrados polo equipo cullerdense.

Unha mesma tónica de encontro onde o equipo local faltababanlle xa o folgos e coa defensa 5:1 plantexada polo equipo visitante mataba todas as opcións do Oar para poder acortar diferencias.

Boa actitude , bó compromiso e boa dinámica do Remax Riazor que segue na dinámica de querer todo este ano , queda moito por diante , queda moito por traballlar e por mellorar .

Felicidades pola victoria Remax Riazor.

Forza Culle.

RESULTADO FINAL : OAR CIUDAD CORUÑA 1952 - 19- BM CULLEREDO REMAX RIAZOR 51

OAR CIUDAD CORUÑA 1952: Santiago Becerra, Nicolas Gamas, Carlos Ortiz, Nicolás Cid, Leo Fagot, Isayas Pasandin, Matias Castro, Jose Regueiro, Javier Corredoira.

BM CULLEREDO REMAX RIAZOR¨:Hugo Diaz, Hugo Garcia, Jorge Outón, Fabián Manzo, Hugo Rodriguez, Xoán Canedo, Iago Allegue, Jaime Serrano , Teo López, Roi Fernández, Xoán Bello.

PARCIALES CADA 5`: 2-3/4-5/5-10/7-18/8-23/9-29/10-34/11-35/13-41/16-44/18-49/19-51

ÁRBITROS: Azucena Reboredo

INCIDENCIAS: Xornada 8 da liga de prata cadete masculina, do grupo C. Disputado no pavillón de San Francisco Javier , A Coruña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *