Saltar ao contido

TRIUNFO DO CLIMANOSA A VOLTA DAS VACACIÓNS

O Climanosa retomaba a competición despois do parón invernal , e non puido comenzar da mellor manera que con un triunfo. Nesta ocasión o rival era o último clasificado da táboa o OAR Coruña.

O encontro iniciabase cun Climanosa defendendo cun sistema 3:3 coa intención de poder roubar o balón e asi poder sair rápidamente o contratataque . Isto foi parte da tónica do encontro onde o Climanosa foi superior en moitos destes ascpestos. Sobretodo a nivel defensivo .

Na fase ofensiva o xogo sen balón, os medio ofensivo do pase e vai eran as craves do encontro a nivel ofensivo por parte do Climanosa que non tivo problemas graves para poder encontrar solucións ofensivas de cara o gol .

No descanso 9-17 para o equipo cullerdense.

Na segunda metade o Climanosa seguiu o mesmo plan de partido, conseguiase o éxito defensivo por distintas razóns, interceptacións, desposesións ou erros no ataque oarista que permitía ao Climanosa seguir sacando ainda máis rédito no marcador ata alcanzar unha ventaxa bastante longa.

O partido estivo dominado sempre por un equipo que aínda pode dar moito máis, queda moto que aprender e moito que traballar para entender certas situacións de xogo. O equipo respondeu ben despois do parón e non toca outra cousa que volver os adestramentos para afrontar o seguintes encontros ligueiros.

Felicidades o Climanosa pola victoria

Forza Culle.

RESULTADO FINAL : OAR CORUÑA 16- BM CULLEREDO CLIMANOSA 36

OAR Coruña Ciudad: Sorin Mihai, Miguel Hernan, Hugo Nodar, David Palla, Leo Bernardez, Martin Bao , Asier González, Alejandro López, Izan Castro, Pablo Varela, Xoel Reimundez

BM Culleredo Climanosa: Iago Bolaños, Xurxo Méndez, Antón Méndez, Jacobo Soto, Samuel Costa, Iván Bregua, Mario Prada, Hugo Jimenez, Guillermo Blanco,Beltrán.

ÁRBITROS: Jose Miguel Martinez ,Azucena Reboredo.

INCIDENCIAS: Xornada 8 da liga infantil masculina prata grupo C, disputado no pabellón San Francisco Javier en A Coruña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *