Saltar ao contido

CHAPELA FUNDE AS CULLERDENSES

As cullerdenses non se parecían para nada ao que estamos afeitos. Non eran as de sempre, porque quizais non lles foi ben as vacacións de Nadal. Nesta ocasión víronse superados polo Chapela en todas as facetas, que foi medrando a medida que avanzaba o partido.

O equipo do Fisioterapia Benestar perdeu esta mañá por 6 goles.

Sabíase que era o partido clave, que os dous equipos estaban empatados a puntos. Pero cando chegou a hora de xogar, as viguesas saíron ao partido ante un equipo de Culleredo que perdeu a súa posición tras o tramo final da primeira metade.

Nesta ocasión o conxunto Cullerdense non puido remontar a pesar de perder a primeira metade por só un gol.(11-12)

O Chapela anotou case todo o que disparou a portería, o que lles fixo máis envalentonadas porque sabían que a sorte estaba do seu lado, e axiña atoparon todas as vías de auga na defensa local.

Se o rival marca en cada ataque, non hai nada que facer. Aínda que se tenta todo, a pesar das combinacións de parellas, o intercambio de posicións ou as rotacións de bancos. O único que funcionou moderadamente foi o ataque rápido e a combinación dalgunha acción de xogo no modelo de ataque.

É unha derrota importante para o Fisioterapia Benestar na Liga Ouro, polo axustado da clasificación na metade da táboa.

Sempre podes ter un mal día, e encontros coma estes son nos que máis aprendes.

A vindeira fin de semana ,as de Culleredo, desprazaranse a Cangas, líder da categoría, pero isto non minguará a loita pola vitoria e dar a sorpresa da xornada.

BALONMAN CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 22 (11+11): Carla Muiño Cancela, Uxia Oton Gonzalez , Lucia Ines Cortegoso Rey, Aroa Garcia Pena ,Aldara Piñeiro Calvete, Adriana Vazquez Rivas, Paula Peteiro Vazquez , Lua Fernandez Nuñez, Luana Gomez Fuentes , Antia Ferreño Fernandez, Valentina Martinez Fiuza, Noelia Lopez Andreica, Irene Rodriguez Fernandez , Sara Fraga Fraga, Nadia Martinez Garcia

BALONMAN CHAPELA 28 (12+16): Sabela Fernandez Lopez, Andrea Viña Chapela, Noa Cusi Martinez, Uxia Sotelo Neira, Sara Mendez Garcia , Nayara Barciela Demacedo ,Alicia Barciela Cacheiro, Valeria Chao Mesias, Daniela Garcia Gargamala, Lucia Rodriguez Fernandez, Chloe Fernandez Castelao, Mariangel Salazar Ramirez, Paula Lopez Lago

Parciais cada 5 min: 2-2/4-5/5-7/8-8/9-11/11-12 Descanso 13-15/14-18/16-20/18-22/19-25/22-28 Final

Colexiados: Martina Regueiro Insua y Víctor Pérez Arias. Excluiron a uxia Sotelo, sara mendez, paula lopez dous minutos polo equipo visitante

Incidencias: Partido pertencente a 8ª xornada da Liga de Ouro no Pavillón Municipal de Almeiras, cun cheo de espectadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *