Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Despois do parón de Nadal toca volver ás pistas, con un fin de semana completiño e ateigado de partidos, con partidos dende prebenxamín a senior. Non te perdas o menú desta fin de semana, con auténticos partidazos na casa e desprazamentos de alta intensidade, sumando un total de 30 partidos!

(IF) BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL VS BALONMÁN CHAPELA 2

BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL VS U.B. LAVADORES VIGO

As cullerdenses do Cristalería Gestal buscarán esta fin de semana impulsarse na clasificación, onde primero, o sábado disputarán o encontro fronte ao Lavadores de Vigo e o domingo xogarán contra o Bm Chapela B.

As nosas queren reter os 4 puntos na casa e para iso levan adiestrando moi duro todos estos días de Nadal.

(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS PINTURAS PROA BM CHAPELA

Partidazo en Almeiras onde se enfrontarán o segundo e o terceiro clasificado da Liga Ouro.

O Chapela o segundo na taboa visita Almeiras, quere certificar o seu segundo posto e acercarse ao primeiro, pero o Sutenor sabe que ten unha boa oportunidade para roubar 2 puntos a un rival que está por encima na táboa clasificatoria.

Prómetese un gran partido en Almeiras, donde a vitoria se decidirá por pequenos detalles.

(IM) OAR CORUÑA 1952 VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

O Climanosa voltará á competición este sábado na casa dos veciños do OAR, rival que ven crecendo dende principio de tempada e que de seguro lle porá moi difícil as cousas en defensas aos nosos xogadores. É unha boa oportunidade para os nosos de conseguir 2 puntos que nos den confianza e nos permitan escalar na táboa clasificatoria.

(IM) GARAYSA XIRIA “C” VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

O Bm Culleredo Óptica Gallaecia ten un difícil desprazamento a Carballo, donde os locais non cederán nin un mínimo para que os 2 puntos se queden na casa. Terán os nosos que facer un partido moi completo e melloralo rendemento defensivo para poder voltar cun resultado positivo da terra de Bergantiños.

(IM) BM CULLEREDO NOSOLOMADERA VS IBERCONSA BM RECONQUISTA DE VIGO

O Nosolomadera retoma a competición da Liga Ouro con moitas ganas. O equipo cullerdense buscará puntuar na casa ante un equipo que vai en dinámica hacia arriba.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS BALONMÁN CHAPELA

Enfrontamento o domingo día 14 ás 13:00 horas no Pavillón Municipal de Almeiras do equipo Cadete Feminino do Culleredo.

Unha volta ás pistas, despois do parón de Nadal, en terras cullerdenses diante do Chapela.

Os dous equipos empatados a puntos, loitarán por conseguir dous puntos importantes para distanciarse entre sí.

Un gran duelo entre modelos de xogo semellantes e ambición de conseguir un bo resultado.

(CM) OAR CORUÑA 1952 VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

O líder invicto na liga Prata cadete, o BM.Culleredo Remax Riazor, retoma a competición neste 2024 nun derbi sempre atractivo. E é que os cullerdenses se enfrontarán o Sábado ás 11.45 no pavillón S.Francisco Javier da Coruña ante o OAR 1952 co obxectivo de continuar invictos e, polo tanto, continuar no máis alto da táboa clasificatoria. Veremos como chega o equipo despois destas dúas semanas de parón e se é capaz de iniciar o ano coa solvencia que terminou o anterior.

(CM) BM RODEIRO VS BM CULLEREDO GALAICO CARAVANING

O BM.Culleredo Galaico Caravaning, viaxará este próximo Sábado a Rodeiro para medirse ao conxunto lalinense coa ambición de reafirmar o seu último gran partido no derbi ante o OAR e afianzarse nos postos de privilexio desta Liga Prata cadete. O encontro disputarase ás 12.00 no municipal de Rodeiro.

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS CARNES DO RIBEIRO

Despois do magnífico encontro disputado polo BM.Culleredo Despreocúpate.es para pechar o ano ante o conxunto de Ribadavia, os cullerdenses abren o 2024 con outra cita de altos voos ante o líder BM.Chapela. Será o partido perfecto para examinarse de novo ante outro dos equipos fortes da categoría e avaliar a progresión do conxunto, así como o seu estado despois destas semanas de parón. O encontro disputarase o Domingo ás 13.00h no municipal de Tarrío.

(XM) SD TEUCRO UIE VS BM CULLEREDO SWEEPEND

Partido a domicilio que significa a volta á competición por parte do BM.Culleredo Sweepend e co que se poñerá fin á primeira parte do campionato xuvenil en Liga Ouro. O partido, que se disputará o Sábado ás 17:00h no municipal pontevedrés, examinará aos cullerdenses despois de dez días de parón ante os sempre complicados xuvenís do Teucro. O conxunto de Culleredo deberá de mostrar as súas mellores armas como son a defensa e o contraataque para continuar o ronsel do líder nesta Liga Ouro.

(SM) LIRÓN S.D. TEUCRO VS SWEEPEND CULLEREDO

Volve a primeira nacional a escena despois do parón do Nadal e o Sweepend Culleredo viaxa a Pontevedra para medirse o sábado ás 20:00h no municipal a un dos favoritos da categoría, O Lirón S.D.Teucro. Se as baixas xa minguaban o persoal cullerdense con tres lesionados de longa duración e un de media, unha máis, a de Martín Insua, deixa orfo o lateral dereito e por extensión a 1.ª liña ante a rotura de ligamento cruzado anterior que o bo de Martín sufríu no último partido de liga. O equipo deberá de repoñerse a todas estas baixas e seguir contando con xogadores en idade xuvenil para liquidar estes infortunios en modo de lesión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *