Saltar ao contido

A DEFENSA FAI AUGAS NO NOSOLOMADERA

O

Nosolomadera visitaba antes do parón ligueiro ao A.D Carballal , o último equipo na clasificación pero que vai a moito máis e quizáis non e propio que este equipo esté nesta posición ligueira.

O partido xa empezaba cun Nosolomadera con moitas dudas, sobretodo na fase defensiva , si que e verdade que os primeiros 15 minutos foron moi parexos pero non habia regularidad nin na fase defensiva cun sistema aberto 3:3 nin na fase ofensiva ante un sistema 5:1 cerrado.

Unha das craves do encontro foronos 1x1 e as axudas defensivas na fase defensiva, o Nosolomadera non tiña claras as distancias nese 1x1 e a activación nesas axudas ou non chegaba ou chegaba tarde. Isto foi mermando durante toda a primeira metade onde o Nosolomadera viuse superado sempre nesta faceta ante xogadores máis potentes ou habilidosos.

18-17 o resultado ao finalizar a primeira parte, moita igualdade no marcador .

Na segunda metade todo se extremizou, sobre todo os erros mencionados anteiormente, o equipo non estivo a altura para defender os 1x1 e iso fixo mella seguún pasaban os. minutos, cada defensa do equipo culleredense estaba a ser superada e ninguén aparecia para remendar os erros iniciais . Non se estivo concentrado nin agresivo nin con gañas de superar o equipo rival .

Na fase ofensiva o Nosolomadera estivo moi parado sen dinámica vertical pese a propoñer un xogo táctico para poder superar a defensa 5:1 rival .

Queda moito que traballar a nivel defensivo , hai que entender este xogo coma un xogo de solidaridade xa que esta dinámica grupal marca o camiño.O primeiro e pensar no compañeiro que teño o lado para poder axudalo para iso esa mentalidade debe ir ben marcada. O esforzo e innegable neste grupo pero queda moito por diante.

Toca parón ligueiro para axustar patróns defensivos que poidan dar mellor rédito na volta das navidades.

Forza Culle.

RESULTADO FINAL: A.D CARBALLAL 37- BM CULLEREDO NOSOLOMADERA 30

A.D CARBALLAL: Xoán Vila, Manuel García, Yoel Eiro, Lucas Hermida, Artai Ogando, Andrés Rodriguez, Hugo Martinez, Xian Pardellas.

BM CULLEREDO NOSOLOMADERA: Mateo Basanta, Iván Gantes, Mauro Fernández, Jacobo Soto, Teo Gómez, Alejandro Soto, Martín Casal, Sebastián Ponte, Javier Orge.

ÁRBITROS: Rubén Iglesias, Marcos Fernández

INCIDENCIAS: Xornada 7 da liga de Ouro infantil masculino.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *