Saltar ao contido

DERROTA PERO COMPETINDO DO CRISTALERIA GESTAL

As nosas infantis do Cristaleria Gestal xogaban esta fin de semana contra un equipo que está nos postos altos da táboa, o A.D Carballal. Segundo contra terceiro enfrontábanse na pista .

Xa dende o inicio o Carballal marcaba territorio ampliando unha ventaxa de 8-3 no electrónico , o xogo estático na fase ofensiva estaba a lastrar as nosas infantís, as pérdidas de balón as interceptacións estaban a dar moito rédito ao equipo local . Non había desmarque e xogo sen balón por parte das infantis do Cristaleria Gestal . Na fase defensiva o equipo non estaba a ser agresivo , ainda así habia interceptacións que facían recuperar o balón e poder atacar de novo a portería rival.

A distancia era moi longa para a remontada pero houbo bós momentos nos que o Cristaleria Gestal estaría a competir o encontro. Ainda así o ataque estaba a estar moi parado e non se lograría o obxetivo da primeira metade que era estar máis preto no marcador.

16-8 no marcador o final da primeira metade.

Na segunda metade o Cristalería Gestal estivo máis acertado , encontraronse mellores situacións en ataque , aparecendo o desmarque sen balón , ou certas situacións de transformación que serían efecitvas para o ataque culleredense. Na fase defensiva o sistema 3:3 estaba a ser un pouco máis ssólido que nos primeiros 10 minutos o Cristalería Gestal estaría moito máis preto do seu rival, ata reducir a distancia a 5 goles. Pero isto es unha carreira de longa distancia, e ninguén pode relaxarse. Os balóns hai que loitalos todos e non poden quedar rexeitados e mirando para eles.Todo balón hai que loitalo.

Partido de altibaixos do Cristaleria Gestal que sigue competindo o seus partidos a todos os niveis.Queda moito que traballar a nivel colectivo e individual . Agora haberá parón ligueiro pero os entrenamentos non paran. ¡¡.

Forza Culle.

RESULTADO FINAL: A.D CARBALLAL 31 - BM CULLEREDO CRISTALERIA GESTAL 22

A.D CARBALLAL: Daniela Vázquez, Olalla López, Sira Loureiro, Antia Luis, Claudia Fontanes, Candela Muñíz, Antia Alonso, Adriana Juncal, Madeline Tome, Noa Rodriguez.

BM CULLEREDO CRISTALERIA GESTAL: Simona Seo, Antía García, Martina Arroyo, Yasmin Gabarri, Inés Argiz, Sofia Meijide, Celia Gónzalez, Aitana Gestal Cintia Miguez.

ÁRBITROS: Marcos Fernández

INCIDENCIAS: Xornada 7 da liga de prata infantil femenina do grupo C.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *