Saltar ao contido

A DISCIPLINA MARCA O CAMIÑO DO REMAX RIAZOR

O Remax Riazor visitaba antes do parón ligueiro ao Ribadosar de Santiago un equipo nos postos baixos da clasificación que non daría moito dor de cabeza a defensa cullerdense.

O Remax Riazor plantexaba dende o inicio o partido dende a defensa, para iso marcaba o seu territorio cun sistema 6:0 , para pechar os espacios o ataque santiagués. Dende o inicio o ritmo defensivo propiciaba o éxito isto daba pé a r sair rápido en primeira ou segunda oleada e poder chegar con velocidade ata o área contraria.Os ataque rápidos e sempre comezados cun patrón de xogo daba moito rédito o Remax Riazor que ampliaba a ventaxa no marcador en cada parcial de 5 minutos.

O descanso 4-27 no marcador.

A segunda metade tivo a mesma tónica, nos primeiros 10 minutos o Remax Riazor pechou as portas da porteria e non encaixaba gol nese comezo, mentres na fase ofensiva o plantexamento cambiaba pero non o ritmo no momento preciso e tampouco cambiaba o rigor tácitco que estaba a realizar o Remax Riazor.

A diferencia era moi grande pero o equipo cullerdense seguía o seu , ir polo camiño marcado para poder cohesionar os puntos fortes e tamén os puntos débiles que hai que mellorar.

Victoria antes do parón ligueiro que dá o liderato de inverno en solitario no grupo C da liga de prata cadete masculino.

Agora toca seguir traballando no parón ligueiro para poder seguir a estela do obxetivo marcado .

Forza Culle.

RESULTADO FINAL : BM RIBADOSAR 7- BM CULLEREDO REMAX RIAZOR 51

BM RIBADOSAR: Brais Ledo, Erik Molina, Marco Castrodeza, Airas Xuncal, Martin Rodriguez, Brais Vilariño, Mattias Molina, Queitan Romero, Gabriel Torea, Jacobo Sobrado.

BM CULLEREDO REMAX RIAZOR: Hugo García, Hugo Díaz, Jaime Serrano, Jorge Outón, Teo López, Xoán Bello, Roi Fernández, Diego Piñeiro, Xoán Canedo, Hugo Rodriguez,Fabián Manzo, Iago Allegue,

ÁRBITROS: Pablo Barreiro

INCIDENCIAS: Xornada 7 da liga de prata cadete masculino do grupo C

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *