Saltar ao contido

BÓ PARTIDO EN CONXUNTO DO CLIMANOSA

O Balonmán Culleredo Climanosa visitaba a mañá do sábado ao Balonmán Ribadosar , un conxunto próximo a clasificación regular. Xa dende o inicio os nosos infantís moi activos foron marcando terreo a nivel defensivo cunha defensa 3:3 moi presionante na que se producían interceptacións de balón, desposesión e diferentes erros ofensivos que propiciaban contrataques en primeira ou segunda oleada.

Na fase ofensiva a problemática era superar unha defensa 6:0 pechada, no que o Climanosa conseguía penetrar a defensa do Ribadosar movendo o balón moi rápido para obter e conquistar os espacios valeiros provocados. polo ataque cullerdense.

O descanso chegaríase cun resultado de 4-26. Un resultado moi amplo que daba pé a outras situacións de xogo .

Na segunda metade o partido tivo a mesma tónica , o xogo colectivo ofensivo buscando superar a defensa 6:0 para poder penetrare lograr unha boa situación de gol , e na fase defensiva estar máis pretos un de outro para poder estar dispoñibles de cara as axudas defensivas e asi poder parar o ataque do equipo local .

Moi bó partido do Climanosa que está a observar a mellora no xogo colectivo , un factor moi importante de cara o futuro. Aínda así queda moito que traballar durante o ano , agora toca parón ligueiro polas navidades pero os entrenamentos non paran ¡¡

Forza Culle:

RESULTADO FINAL : BM RIBADOSAR 9- BM CULLEREDO CLIMANOSA 39

BM RIBADOSAR: Manuel Ledo, Yago Figueira, Damián Álvarez, Fabian Pájaro, Juan Mosquera, Marcos Pintor, Nicolas Nistan, Noa Vieites, Alejandro Blanco.

BM CULLEREDO CLIMANOSA: Xurxo Méndez, Antón Mendez, Samuel Costa, Jacobo Soto, Guillermo Blanco, Beltrán Gónzalez, Hugo Jimenez, Aitor Fariña y Hugo Fariña.

ÁRBITROS: Pablo Barreiro y Brais Ledo.

INCIDENCIAS: Xornada 7 do grupo C da liga de prata infantil masculino.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *