Saltar ao contido

O BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR CAE NUN DUELO COMPLICADO

O Fisioterapia Benestar foi derrotado na pista do Meaño (29-26) nun encontro no que o conxunto pontevedrés estivo por diante dende a metade da primeira parte. As cullerdenses lideraron ata por tres goles, os primeiros compases do encontro, pero volcouse o marcador a falta de dez minutos para o descanso, e nese tramo encaixaron un parcial de 2-5 que resultou demoledor.

Nos primeiros minutos defendeu ben o Culleredo, pero quedou atrapado en ataque unha e outra vez, o que permitiu a Meaño adiantarse no marcador (11-9, min. 20). A adestrador do culleredo, pediu tempo morto e axustaron algunhas cousas en ataque para comezar a remontar. Nos últimos cinco minutos foron en decadencia e o Meaño aumentando a diferenza o que lles permitiu entrar ao descanso con vantaxe de 5 goles.

Na segunda parte reducíronse diferenzas para as visitantes. Raquel Muñiz a máxima goleadora do Meaño ,con doce goles, puxo as cousas difíciles. O equipo visitante defendeu mellor e aproveitou os contragolpes para marcar goles e enseguida recortouse a distancia no marcador. O culleredo tentou un partido máis presionante ante a lateral do Meaño e outras alternativas, pero nada puido parar o lanzamento desta xogadora.

A aparición da portería do Meaño tamén determinou o victoria do equipo local.

Un encontro de altos e baixos por ámbolos dous equipos.

Retomarase a competición xa o ano que ben, na fin de semana do 13-14 de xaneiro. Tempo de descanso e desfrute coas familias para vir coas pilas recargadas e seguir disfrutando da Liga de Ouro

BAR LAGE ASMUBAL MEAÑO 29 (16+13): María Beis Romero, Paloma González Moure, Carlota Gonzalo Carballo, Victoria González Lema, Alba Domínguez González, Ainoa Álvarez García, Soraya García Prado, Zoe Feijoo Meis, Claudia Vera Padin, Raquel Muñiz Díaz, Olalla Telmo Buceta, Noa Rodríguez Pazos

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 26 (11+15): Carla Muiño Cancela, Uxia Oton González, Lucia Inés Cortegoso Rey, Aroa García Pena, Aldara Piñeiro Calvete, Paula Peteiro Vázquez, Lúa Fernández Núñez, Luana Gómez Fuentes, Antia Ferreño Fernández, Valentina Martínez Fiuza, Noelia López Andreica, Carmela Erias Vázquez, Irene Rodríguez Fernández, Sara Fraga Fraga

Parciais cada 5 min 1-1/4-5/6-7/11-9/15-11/16-11 descanso 17-12/15-16/21-19/24-22/26-23/29-26 Final

Colexiados: Eloi Rodríguez Barreiro e Joaquín Iñaki Oubiña Bruno. Excluiron polo equipo visitante a; Carla Muiño e Lucia Cortegoso dous minutos e a Irene Rodríguez e Antia Ferreño catro minutos. Por parte do equipo local excluiron a Ainoa Álvarez, Carlota Gonzalo, Paloma González, Raquel Muñiz, Soraya García e Nora García dous minutos e a Alba Domínguez catro minutos.

Incidencias: Partido pertencente a 7ª xornada da Liga de Ouro no Pavillón Municipal de Coirón Arena, con 20 espectadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *