Saltar ao contido

MELLORÍA NO XOGO DO BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES, QUE PLANTA CARA A UN DOS RIVAIS MÁIS FORTES

O BM.Culleredo Despreocúpate.es, mostrou unha clara mellora no seu xogo con respecto ao mostrado no seu encontro ante o  Galitráns BM.Pontedeume e mantivo o tipo ante o Carnes Doribeiro Ourense Provincia Termal, un dos conxuntos máis potentes da categoría. Aínda que os visitantes dominaron o electrónico desde os primeiros instantes, os cullerdenses mostraron un carácter competitivo notable, reducindo as diferenzas en varias ocasións, cando parecía que os de Ribadavia podíanse escapar definitivamente. A fase defensiva tivo momentos realmente sobresaintes, provocando numerosos erros co traballo disuasorio dos segundos e facilitando o bo labor no contraataque. O público que se deu cita en Almeiras estaba a gozar co xogo do seu equipo, que cun resultado de 12-16 ao descanso e boas sensacións, optaba por tentar voltear a diferenza no segundo acto.

Con todo, a saída de vestiarios non sentaría nada ben aos de Culleredo, que acumularían numerosas perdas de balón nos primeiros minutos do segundo tempo. Estas accións negativas, eran aproveitadas polos ourensáns para establecer unha diferenza perigosa cando se chegaba ao meridiano da continuación (17-26). Co partido moi costa arriba pola distancia que se reflectía no marcador, o BM.Culleredo Despreocúpate.es mostraría un espírito competitivo digno de mención e, lonxe de darse por vencido, conseguiría un parcial gañador (10-5) que, aínda que insuficiente para voltear a diferenza, deixaría un excelente sabor de boca na bancada do municipal de Almeiras.

BM.Culleredo Despreocúpate.es: 27 (12+15). Rubén Gantes, Bruno Pardo, Nico Díaz, Iago Vázquez, Jairo Míguez, Xoel Insua, Lucas López, Matías Teixeiro, Mario Sánchez, Álvaro Siso, Antón Pérez, Nico Arias, Diego Del Río, Juanfran Pazos, Anxo Negreira, Mateo Pérez.

Carnes Doribeiro Ourense Provincia Termal: 31 (16+15). José Estévez, Álvaro Del Río, Adán Otero, Xoel González, Airas Rozas, Samuel Fdez, Anxo Rodríguez, Denis Lorenzo, Lois Rodríguez, Iker Álvarez, David Fdez, Luis Dávila, Aitor Lorenzo, Mauro Castro-Gil, Marcos Carlón, Brais Gil.

Parciais cada 5´: 2-5 / 5-7 / 6-10 / 8-13 / 10-15 / 12-16 / Descanso / 15-20 / 16-21 / 17-26 / 18-28 / 24-31 / 27-31 / Final.

Colexiado: Pablo Torreiro.

Incidencias: Encontro correspondente á xornada nº 9 da liga Prata (grupo B), disputado nun municipal de Almeiras con moi boa entrada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *