Saltar ao contido

OS ERROS NON FORZADOS, CONDENAN AO SWEEPEND CULLEREDO NOS ÚLTIMOS VINTE MINUTOS

O Sweepend Culleredo, realizou uns corenta minutos moi meritorios nunha das pistas máis complicadas da categoría e puido mirar aos ollos directamente ao terceiro clasificado neste grupo A de a primeira nacional. Os cullerdenses comezaron serios e xogando con criterio, aínda que mostrando dificultades na retagarda. As alternativas no marcador foron constantes nestes primeiros trinta minutos e cunha idea clara no posicional e mantendo unha boa disciplina táctica ao redor dela, o Sweepend Culleredo retiraríase aos vestiarios no tempo de descanso cedendo tan só pola mínima (15-14) e, polo tanto, coa ilusión por poder reverter o resultado na continuación.
Neste segundo acto, o equipo de Culleredo continuaría na mesma tónica; serio e ben plantado no 40x20 da pista central das Travesas, para conseguir as táboas no trinta e cinco (18-18) e seguir soñando cun resultado positivo. Ao paso polo corenta, a diferenza sería de dous goles a favor do conxunto olívico (21-19) e con todo por dilucidarse, entraban ambos os equipos nos minutos nos que se resolven os encontros. Foi entón, no momento menos idóneo, cando apareceron tres erros individuais de forma consecutiva que provocaron o mesmo número de contraataques de primeira onda e outros tantos goles que establecían a diferenza nuns cinco goles que ao cabo se farían moi costa arriba para os de Culleredo. Lonxe de mellorar a situación, outras catro perdas de balón nun curto espazo de tempo, sumaban outros tantos contraataques para que os locais sentenciasen practicamente un partido, que, a partir deste intre, xa non tería máis historia. O Sweepend Culleredo, pasara en poucos minutos de estar a pelexar por unha vitoria que podía ser real, a entregarse por completo despois de verse noqueado debido ás precipitacións e ás malas tomas de decisión no posicional. Estas perdas, afectarían de cheo á parte mental duns xogadores que sentiran moi de cerca a posibilidade de éxito e que entregados á evidencia na parte final, achandaban o camiño do conxunto olívico que se levaba así os dous puntos en xogo.

Balonmano Reconquista De Vigo: 37 (15+22). Iago Vidal (4), Cristian Remeseiro (8), Alejandro Gómez (1), Javier Freijeiro (7), Sergio Altirribia, Yeray Simes, Pablo González, Martín Rial, Pablo Garrido (4), Gabriel Chaparro, Iago Rivas (1), Xosé Henrique Costas (1), Anxo Fontán (2), Agustín Franco (4), Ignacio Costas (2), Hugo Alonso (3).

Sweepend Culleredo: 25 (14+11). Jorge López (p), Marco González (P), Iván Sánchez (1), Samuel Seijas (3), Martín Insua (4), Carlos Costa (3), Carlos Martín Guisasola (2), Marcos Vázquez (1), Daniel De Salvador (1), Marcos Regueiro, Iago Ferreiro (3), Nuno Loxo (1), Mario Crecente (3), Darío Pérez (2), Senén Garea (1).

Parciais cada 5´: 2-3 / 6-5 / 8-8 / 13-11 / 13-12 / 15-14 / Descanso / 18-18 / 21-19 / 24-19 / 28-21 / 33-23 / 37-25 / Final.

Colexiados: Alejandro Lozano e Pablo Martínez.

Incidencias: Encontro correspondente á xornada nº 13 na primeira nacional masculina (Grupo A) disputado na pista central do pavillón das Travesas ante un centenar de afeccionados. Destacar o debut de outro xuvenil de primeiro ano do BM.Culleredo, neste caso trátase do porteiro Marco González, que con outros tres compañeiros máis, formaron parte da convocatoria para este encontro.

Fotos do encontro:

https://photos.app.goo.gl/ERbfxbVZmP9c9Q8R8

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *