
Victoria do Nosolomadera nesta xornada 6 disputada no Municipal de Almeiras onde enfrontabase a un rival moi preto na taboa clasificatoria a SAR NOSATÚN de Redondela.
Uns 5 primeiros minutos moi igualados onde os ataques superaban as defensas facia porvir un encontro de moitos goles e así foi.
O dous equipos presentaban as súas defensas moi abertas , en concreto o sistema 3:3 moi profundo onde o Nosolomadera moito máis estable conseguia un parcial de 7-3 no minuto 10 no que brechaba o marcador. Comezaron a aparecer as interceptacións e as axudas defensivas para frear o ataque visitante e con transicións moi rápidas ainda se ia abrendo moito máis a brecha. Ainda asi os ataque seguían facendo gala do seu poderío fronte as defensas abertas , que con moito espacio os atacantes eran capaces de aproveitar.
O Nosolomadera coa ventaxa obtida comezou a xogar máis tácticamente e colectivamente ,os pase e vais máis transformacións de primeira ou segunda linea estaban a crear bóas situacións de gol que a veces se aproveitaban e outras non eran capaces de solucionar a problemática defensiva.
26-18 no marcador o chegar o final do primeiro tempo.
Na segunda metade o Nosolomadera comezou a xogar máis entre liñas e isto propiciou algunha que outra pérdida ata que se chegou a resolución de acortar a liñas de pase para poder ser máis efectivos. Isto deu moito rédito en ataque.
Na fase defensiva o Nosolomadera parecía estar máis compacto e solidario pero aínda así se volvía a tónica da primeira parte de recibir goles en moitos ataques visitante. A ventaxa xa era moi larga e a tranquilidade no equipo cullerdense estaba presente.
Volve a victoria en Culleredo para o Nosolomadera que suma 2 puntos para alexarse a 4 da Sar de Redondela o rival máis próximo dende abaixo e segue apretando para chegar aos postos altos da clasificación. Pero queda moito traballo por diante , moita ilusión e moito compromiso para poder chegar a cotas máis altas .
Forza Culle.
RESULTADO FINAL: BALONÁN CULLEREDO NOSOLOMADERA 50- SAR NOSATUN 35
BM CULLEREDO NOSOLOMADERA(26+24): Sebastián Ponte, Mateo Basanta, Iván Gantes, Martin Casal , Jacobo Soto,Alejandro Soto, Teo Gómez, Alexis Martinez, Antón Rodriguez, Mauro Fernández, Javier Orge
SAR NOSATÚN (18+17):Xian Fernández, Martín Barrio,Jose Ramón Gónzalez, Bruno León, David Sampil,Kevin Bon,Mario Cruz,Iván Pérez, Manuel Pereira.
PARCIAIS CADA 5`: 6-6/13-9/19-12/22-16/26-18/34-23/37-25/43-30/45-32/50-35
ÁRBITROS: Nicolás Vázquez Y Jose Miguel Fiuza
INCIDENCIAS: Xornada 6 da liga de ouro infantil masculina , disputado no pavillón municipal de Almeiras ( Culleredo )
