
Difícil encontro para os nosos rapaces do Climanosa que a pesar do resultado amosaron certos patróns ou comportamentos dun equipo competidor que foi sempre superado polo equipo rival que tiña máis antropometría e forza, dous factores importantes a contabilizar neste deporte.
Saia o Climanosa cun sistema defensivo 3:3 un sistema aberto onde tiña que esforzarse o máximo para sacar rédito , e isto non se estaba a conseguir , as interceptacións de balón non estaban a predominar es isto o estaba a pagar o equipo local . Mentres o CP Lucense aproveitaba os espazos abertos para conseguir unha renta de 5 goels nos primeiros 10 minutos.
Na fase ofensiva o Climanosa estaba a ter problemas para superar os sistema 6:0 cerrado do equipo lucense. O equipo local estaba a buscar un xogo máis colectivo que o equipo visitante , e pese a certos erros a dinámica era a boa. O desmarque sen balón a creación de espacios estes eran os argumentos do Climanosa para producir desaxustes na defensa lucense.
Moita diferencia ao descanso 10-20 a prol do equipo visitante que non baixaba o ritmo nesta primeira metade.
Na segunda metade e despois de intentar reconducir certas situación defensivas,o Climanosa conseguía gañar o primeiro parcial dos primeiros 5 minutos da segunda parte, isto dí moitos deste equipo que pese a súa diferencia antropométrica coseguía ser máis solidario nas tarefas defensivas e ter máis acerto de cara o gol na fase ofensiva , sobretodo conectando co pivote no xogo 2x2.
O Climanosa seguía en boa racha e conseguia empatar o segunda parcial de 5`, algo había cambiado nestes rapaces, as sensacións era moito mellores e estaban a demotrar que non eran menos co equipo rival . Pero o Lucense tamén reeinventouse e puido volver a conseguir aumentar a ventaxa co accións de lanzamento exterior o penetracións dende zonas menos efectivas.
Xa no último treito o Climanosa volveu a gañar o último parcial , esta vez xa interceptando balóns e saindo rápido o contrataque .
Bó partido do Climanosa que segue en proceso de formación pero que hay pequenos detalles que brindan felicidade e ilusión. Agora toca seguir traballando con compromiso e solidaridade para afrontar os seguintes compromisos.
Forza Culle.
RESULTADO FINAL: BM CULLEREDO CLIMANOSA 25- CP LUCENSE 38
BM CULLEREDO CLIMANOSA(10+15): Xurxo Méndez, Iago Bolaños, Antón Méndez, Hugo Jimenez, Jacobo Soto, Guillermo Blanco, Roi Palmeiro.Samuel Costa,Iván Bregua y Mario Prada.
CP LUCENSE(20+18):Mateo Penas, Oscar Alonso, Hector Expósito, Victor Rouco, Martin Prado, Andrés Rodriguez, David Gónzalez, Adriámn Cuevas, Breixo Araujo.
PARCIALES CADA 5`: 2-4/3-8/6-13/7-16/10-20/14-23/17-26/19-32/21-36/25-38
ÁRBITROS: Jose Miguel Fiuza, Nicolás Vázquez
INCIDENCIAS: Xornada 6 da liga de prata infantil masculina do grupo C , disputado no pavillón municipal de Almeiras, Culleredo.
