Saltar ao contido

TRIUNFO DO GALAICO CARAVANING ANTE O RIBADOSAR

O Galaico Caravaning volve a senda do triunfo , volve a reecontrarse coa victoria tras duros encontros ante os mellores rivais da categoría.

Nesta ocasión enfrontábanse ante un rival directo e moi próximo na táboa clasificatoria o Bm Ribadosar de Santiago .

O Galaico Caravaning na fase defensiva plantexaba un sistema 5:1 agresivo que daba o seu rédito nos primeiros minutos de xogo e tan só encaixaban 6 goles nos primeiros 10 minutos , isto e a velocidade nas transicións ou contrataques en primeira oleada dan unha ventaxa amplia de 6 goles. Os desprazamentos defensivos e as intencións tácticas defensivas estaban a dar rédito no equipo cullerdense. Tan só os lanzamentos exteriores estaban a facer dano na defensa cullerdense.

Co paso dos minutos o Galaico Caravaning conseguía ampliar a sua ventaxa , a nivel ofensivo o equipo cullerdense plantexaba accións de xogo colectivo sen balón para propiciar o desequilibrio defensivo que daría pé a boas accións con éxito do equipo local .

No descanso o marcador reflexaba un 24-14 , unha renta bastante ampla para afrontar a segunda metade con máis tranquilidade.

Na renaudación do encontro a dinámica foi a mesma o Galaico Caravaning mantiña a liña defensiva bastante alta coa 5:1 , que propiciaba moitas dudas o ataque santiagués que so encontraba solucións no lanzamento exterior o cun 1x1 no lateral esquerdo .

Mentres o Galaico Caravaning seguia a seu nas tarefas ofensivas e comezou a plantexar transformacións de primeira liña para resquebraxar a defensa santiaguesa. Si que nas primeiras accións habia desaxustes co pasos dos minutos isto foise correxindo ante encontrar o éxito ofensivo buscando .

Felicidades ao equipo cullerdense que fixo un partido moi regular ante un rival que a priori podería poñer as cousas máis dificiles ao equipo cullerdense, pero que coa solidaridade e compromiso de este equipo tirou abaixo ese pronóstico para conseguer unha victoria contundente.

Destacar o pequeno homenaxe dos xogadores ao exténico cullerdense Juanchi , levando o número 36 nun esparadrápo nas zapatillas deportivas . Enorme detalle dos xogadores que din moito nesta finura .

Forza Culle

RESULTADO FINAL: BM CULLEREDO GALAICO CARAVANING 41- BM RIBADOSAR 27

BM CULLEREDO GALAICO CARAVANING: (24+17): Jorge Amor, Hugo Nodar, Victor Laya, Mateo Negreira, Jairo Candamio, Hugo Bermúdez, Adrián Aneiros, Xoán Seoane, Diego Rodriguez, Alex Tajes, Hugo Bregua, Pablo Ares, Teo Gómez y Alexis Martinez.

BM RIBADOSAR :(14+13) Erik Molina, Marco Castrodeza, Alejandro Sarrapio, Mateo Mosquera, Jose Brea, Matias Molina, Iago Suárez, Zoltan Sanmartín, Gabriel Torrea, Martin Rodriguez

PARCIALES CADA 5`: 6-3/12-6/14-8/16-10/20-11/24-14/27-16/31-20/35-22/38-25/41-27

ÁRBITROS: Iago Allegue y Xoán Bello

INCIDENCIAS: Xornada 6 da liga regular de liga prata cadete masculino do grupo C, disputado no pabillón municipal de Tarrío,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *