Saltar ao contido

O SWEEDPEND LOGRA UNHA CÓMODA VICTORIA ANTE O RECONQUISTA DE VIGO

Viaxaba o equipo xuvenil de liga oro a Vigo para enfrontarse ante o Reconquista de Vigo que viña de obter uns resultados moi positivos nos seus últimos encontros. O Sweedpend non se fiaba do seu rival que estaba a ascender na taboa clasificatoria. Pero xa dende o inicio o equipo cullerdense puso terra por medio o foi crave o nivel defensivo que plantexou o Sweedpend , este nivel puxo en moitos apuros o ataque vigués que toparía unha e outra vez co muro defensivo cullerdense.

A defensa 6:0 plantexaba daba o seu rédito , e no minuto 15 tan só habia encaixado 4 goles.Pola contra a nivel ofensivo tanto por mor de interceptacións defensiva ou transicións , a velocidade nestas accións estaban a superar o equipo vigués que veia aumentar a diferencia no electrónico co paso dos minutos ata chegar o minuto 20 da primeira metade cu 14-6.

O Sweedpend non baixa marcha , e cun xogo colectivo rápido e preciso superaba constantemente a defensa viguesa que estaba con moitas dúbidas ante o ataque cullerdense.

O descanso 19-9 no que xa reflexaba unha posible victoria para o segunda clasificado da táboa .

Na segunda metade o equipo local plantexaba xogar sen porteiro un 7x6 que no inicio saia perdendo xa que certas perdidas de balón propiciaban lanzamentos a porta valeira que Marco o porterio cullerdense aproveitaba para inciarse como goleador. Isto foi unha tónica nos primeiros 10 minutos onde o Reconquista empezaba a dar rédito ao 7x6 pero tamén polos lanzamentos fallados de campo a campo que estaba a tirar o equipo de Culleredo . Tras dala orde de non lanzar e ter máis tempo a posesión de balón o Sweedpend volveu a súa dinámica de xogo estático ainda que agora o Reconquista plantexaba un 4:2 ou quizáis defensa mixta sobre algún xogador cullerdense. Esta problemática ofensiva o Sweedpend a resolvería sen problema, o xogo colectivo cun pase e vais ou aparicións da segunda linea nos espacios valeiros que deiaxaba a defensa viguesa era aproveitada polo equipo cullerdense para pegar a estocada final ao encontro e levarse unha nova victoria máis e afianzarse na segunda posición na táboa clasificatoria.

Bó encontro en liñas xerais do Sweedpend que tivo que loitar fronte diversas problématicas durante todo o encontro o 7x6 a defensas mixtas e abertas, pero que sempre foi capaz de competir e solucionar para poder seguir nesta racha. positiva.

Forza Culle.

RESULTADO FINAL : RECONQUISTA DE VIGO 24 -BM CULLEREDO SWEEDPEND 37

BM RECONQUISTA DE VIGO: Isaac Mani, Alex Alonso, Nicolas Lamas, Diego Armesto, Ricardo Andrés, Asier Vázquez,Rafael Lowe,Hector Rodriguez, Fernando Murillo,Sergio San Millán.

BM CULLEREDO SWEEDPEND: Marco Gónzalez, Hugo Díaz, Felix Noya, Alejo Martinez, Adrián Veira, Josemi Martinez, Davi Martinez, Daniel González, Samuel Seijas, Iván Sánchez, Aarón Blanco, Nicolás Casal , Atalo Bello, Marcos Lavandeira.

PARCIALES CADA 5`: 3-4/4-6/4-10-6-14/7-16/9-19/12-23/14-23/17-27/21-31/22-34/24-37

ÁRBITROS: Ania Lampón, Luis Fernández.

INCIDENCIAS: Xornada 6 da liga de Ouro juvenil masculina disputado na pista central do pavillón das Travesas en Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *