Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMAX RIAZOR CONSEGUE UNHA VITORIA VITAL PARA OS SEUS OBXECTIVOS

É ben sabido, que despois de quedar apartado da liga Ouro no pasado Play-Off do mes de Setembro, os integrantes do BM.Culleredo Remax Riazor, cerraron filas por un obxectivo común ambicioso , que non é outro que o de alcanzar a Final Four da categoría ao termo da liga. Este Domingo, os cullerdenses tiñan unha cita vital para seguir aspirando a tan esixente fin e é que visitaba o municipal de Almeiras o Millaven C.P Lucense, outro dos aspirantes ás cotas máis altas e que, do mesmo xeito que o Remax, chegaban a esta cita invictos. O encontro estivo á altura do esperado, especialmente no primeiro tempo, onde ambos os equipos entraron no 40x20 coa intensidade e a actitude que reclamaba o envite. Tras vinte minutos moi vistosos, dun balonmán dinámico, vibrante e intenso, nos cales as alternativas no marcador eran unha constante, os cullerdenses conseguían enlazar varias accións defensivas exitosas consecutivas, para expoñer o seu potencial na transición e abrir unha pequena brecha de tres goles (14-11), diferenza que se mantería no tempo de descanso (16-13). Foi no segundo acto cando os locais, mantendo un ritmo alto de xogo, lograrían minguar ao seu rival c opas odos minutos para, no último tramo, conseguir matar o partido e adquirir unha ampla diferenza que pode ser moi importante cara o partido de volta en Lugo (35-24).

BM.Culleredo Remax Riazor: 35 (16+19). Hugo Díaz (P), Hugo García (P), Jorge Outón, Iago Allegue, Fabián Manzo, Teo López, Xoán Bello, Jaime Serrano, Hugo Rodríguez, Xoán Canedo, Diego Piñeiro, Roi Fdez.

C.P.Lucense: 24 (13+11). David González, André Fdez, Daniel Sanjuan, Lucas Díaz, Miguel Barreiro, Álvaro Guerrero, Roi Lence, Martín Alonso, Adrián Mosquera, Rodrigo Pumares, Víctor Areán, Iván Vila, Gabriel Areán, Amir Berka.

Parciais cada 5´: 2-2 / 6-5 / 7-8 / 10-9 / 14-11 / 16-13 / Descanso / 16-15 / 19-16 / 23-18 / 27-20 / 29-24 / 35-24 / Final.

Colexiados: Nivolás Vázquez e José Miguel Martínez.

Incidencias: Encontro correspondente á xornada nº 6 no grupo C da Liga Prata e disputado nun municipal de Almeiras abarrotado de público de ambas as aficións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *