Saltar ao contido

DOUS PUNTOS MÁIS, NO ÚLTIMO SUSPIRO, PARA O BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

As cullerdenses gañan na casa sendo conscientes da importancia deste triunfo.

Abreuse a veda no encontro do Bueu e xa van tres as vitorias consecutivas do Fisioterapia Benestar.

O encontro comezou cunha acción dubidosa nos primeiros segundos na co Lavadores, ansiosas de vitoria, viñan por todo, custase o que custase.

Cando o encontro pintaba peor, unha decisión da xogadora do Bm Culleredo, Valentina Martinez, encarou á portería sen atopar oposición, tirou sen que lle tremera o pulso e anotou un gol que valeu dous puntos máis no casilleiro da táboa clasificatoria. Ainda así, o Lavadores disporia dun golpe franco a tempo cumprido, no que a barreira das locais defenderían con creces o último lanzamento.

Derrotalo Lavadores suporía dar un paso máis para seguir escalando postos na Liga de Ouro.

A vitoria foi posible grazas ao cambio de imaxe do Culleredo no seu xogo, e a que recuperaron a mellor versión do que son as cullerdenses. É dicir, as perdas de balón foron aceptables, sumáronse goles dende as posicións que máis dúbidas xeraban á defensa rival, e cando o futuro se escurecía na segunda parte, apareceu unha inmensa actitude sobretodo en ataque fronte a unha defensa cambiante.

Dúas das xogadoras máis destacadas do Lavadores, colleron o peso do seu equipo, facendo diana cada vez que lanzaban a portería. Ante os continuos empates, as cullerdenses, fan un xiro defensivo para encarar a reta final do encontro, poñendo unha mixta para reducila efectividade ofensiva do equipo rival e metendo unha segunda mixta para rematar de rompelo ataque que comezaba a ser un pesadelo.

Sumando goles por ambos bandos, e nunha defensa case individual a todas xogadoras do culleredo, nadie podía saber quen sería o equipo gañador.

O encontro estaría resumido; nunha primeira metade no que o Culleredo gañaba ó descanso (17-15) porque tivo uns minutos sobresaintes (foi ata 5 goles por enriba no marcador) e unha segunda parte onde apareceu o poderío vigués, onde comezou a abrir vías de auga nun Culleredo cuxa visión se tornou nublada.

Entramos nunha semana de festivos e paron ligueiro por mor das concentracións das seleccions galegas. Así que, a 7ª xornada disputarase dentro de 15 días, sendo o último encontro do 2023.

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 29 (17+13): Carla Muiño Cancela, Lucia Inés Cortegoso Rey, Aroa García Pena, Aldara Piñeiro Calvete, Paula Peteiro Vázquez, Lúa Fernández Núñez, Luana Gómez Fuentes, Antia Ferreño Fernández, Valentina Martínez Fiuza, Carmela Erias Vázquez, Irene Rodríguez Fernández, Sara Fraga Fraga, Uxia Otón González, Adriana Vázquez Rivas

ANUBIA LAVADORES VIGO 28 (15+13): Olga Tejerina Hermida, Carla Garrido Conde, Iris Santana Cacabelos, Irea Cabezas Baamonde, Carmen Martínez Noguerol, Noa Miguez Méndez, Noelia Villaravid Lede, Sofía Rial Rodríguez, Sabela Sánchez Veiga, Sara Limes Pérez, Anxela Rey Penas, Aldara Enríquez Conde

Parciais cada 5 min: 3-3/8-5/10-5/12-8/15-12/17-15 Descanso 18-18/21-21/24-22/25-24/26-25/29-28 Final

Colexiados: Martina Regueiro Insua y Víctor Pérez Arias. Excluiron Carla Garrido (4min) e a Noelia Villaravid (2min)

Incidencias: Partido pertencente a 6ª xornada da Liga de Ouro no Pavillón Municipal de Almeiras, cun cheo de espectadores nas gradas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *